SOMOS PINGÜI!

Durante este último mes os nenos e nenas de 2º A e B son a mascota da bibliteca, cada día @s voluntari@s para ser Pingüi, previo sorteo, visten o traxe de pingüino no recreo e desfrutan por un día de ser protagonistas rodeados de libros.

MARIONETAS

Na biblio, nos recreos, estamos facendo marionetas de monstros, por iso para poder decirlles aos demais como se facían practicamos antes na nosa clase. Así de chulas e divertidas nos quedaron! Agora so queda crear con elas e con elo mellorar a organización do descurso e a improvisación. Ademais sorteamos quen ía ir a anuncialo pola megafonía e este foi resultado. 


 

MARIONETAS from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

MARIONETAS from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

CONTOS ARREPIANTES POLO SAMAÍN

Estamos traballando os contos como recurso literario así que nada mellor que facer o noso propio. Eles imaxinan, as profes escriben, diferenciamos os procesos e este é o resultado, son uns artistas!. Cos resultados fomos a contarllo tanto aos nenos e nenas de infantil como aos maiores. Aquí podedes ver algunhas imaxes e lelos.  

   

 

 

 

DÍA TRISTE PARA GALICIA

Nun día como hoxe era necesario facer unha reflexión sobre o que está a suceder ao noso carón. Aquí tedes algunhas das conclusións dos nosos nenos e nenas. 

COMEZAMOS!

Comezamos cos recantos e imos de cabeza para a xeometría! Aquí deixamos un material moi interesante sobre o noso autor da semana que ven, Piet Mondrian. 

Descubriendo a mondrian from encararroyo

PLANT-ARTE XEOMETRÍA

Vídeo que recopila as fotos que os nenos e nenas fixeron a través da aplicación Epicollet dentro das actividades relacionadas coa Ciencia Cidadá. Nel pódese ver como estamos rodeados de xeometría tanto na natureza como nos elementos artificiais, feitos polo home. Hai unha foto mal colocada que se nos colou! A ver se a atopades! 

CIENCIACIDADÁ from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PARA AS FAMILIAS

Aquí vos deixamos as secuencia de actividades deste último semestre por se queredes colsultalo on line. Bo verán a todos e todas!!!

 

  

 

Acceso