Skip to Content

Arquivo

PROPOSTAS PARA O MARTES 2 DE XUÑO

 

LENGUA: Exercicios da páxina 186 e 187.

HORA DE LER: Le e fai o experimento número 2 sobre os nutrientes que xa fixemos nos recantos usando colorante alimentario, leite e auga. 

 

XOGOS OLÍMPICOS: OLIMPÍADAS DAS CIENCIAS. Deixámosvos un xogo de orientación espacial. 

PROPOSTAS PARA O MÉRCORES 3 DE XUÑO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 178 e 179. 

HORA DE LER: Maxia! Mira o experimento que che propoñemos hoxe e convírtete en mago ou maga por un día... 

XOGOS OLÍMPICOS: OLIMPÍADAS DAS CIENCIAS. Imos repasar algunhas cousiñas sobre seres vivos e inertes e sobre os animais. 

 

PROPOSTAS PARA XOVES 4 DE XUÑO

 

LENGUA: Páxinas 190 e 191.

HORA DE LER: Planta unha faba, lentella, garavanzo... nun bote de iogur ou nun vaso con algodón e fai o teu caderno de observación como que fixemos no cole. A observación é o primeiro paso do método científico, necesita paciencia e rigurosidade. Podes plantar sementes de diferentes maneiras para observar as diferenzas: unha con luz, outra sen luz (métea nun caixón ou alacena a ver que pasa... nacerá?), unha sen algodón, outra con el, unha con auga outra sen ela, unha con luz, algodón e auga... Experimenta! 

XOGOS OLÍMPICOS: OLIMPÍADAS DAS CIENCIAS. Aquí vos deixamos unhas fichas para repasar o ciclo de vida das plantas e as súas partes. 

 

PROPOSTAS PARA O VENRES 5 DE XUÑO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 180, 181, 182 e 183. 

HORA DE LER: Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente, recordas este vídeo e esta canción que vimos na clase?

 

XOGOS OLÍMPICOS: OLIMPÍADAS DAS CIENCIAS. Último xogo da semana, a reciclar!

Reciclar, una ficha interactiva de Toreja
liveworksheets.com
 
Aquí vos deixamos a última medalla, a das ciencia.  Parabéns polo traballo, estades feitos uns científicos e científicas!
 

TAREFAS VARIADAS

Aquí tedes unha mestura de tarefas que fóstedes enviando nestes últimos días, ademais de todo o traballo dos libros e das fichas on line. Se é que sodes uns nenos e nenas moi traballadores! Se botades de menos algunha foto decídenos porque puidosenos pasar. Desculpade as molestias! Durente esta semana recolleremos todo o que tedes dos experimentos e publicarémolos o luns que ven. Ánimo que queda pouquiño! Un último esforzo e listo!

 

tarefas variadas from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PROPOSTAS PARA O LUNS 8 DE XUÑO

 

MATEMÁTICAS: Páxina 184 e 186.

HORA DE LER: Consulta o seguinte esquema de como facer un traballo de documentación porque che vai facer falta para esta semana. 

Tamén che deixamos o vídeo da táboa do 9 de Miliki.

Esta é a SEMANA DOS EXPERTOS E EXPERTAS. Elixe un tema sobre o que che gustaría ter máis información, algo que che guste moito, que che interese de verdade. Despois escribe cinco cousas (ou máis) que xa sepas dese tema. 

PROPOSTAS PARA O MARTES 9 DE XUÑO

 

MATEMÁTICAS: Páxina 185 e 188.

Escoita a canción de Miliki da táboa do 10: 

 

SEMANA DOS EXPERTOS: Xa tes un tema? Ben! Agora toca que te preguntes que máis cousas queres saber e que elabores un índice. Con tres ou catro puntos chegan, estamos aprendendo, pouquiño a pouco... 

 

PROPOSTAS PARA MÉRCORES 10 DE XUÑO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 189, 190 e 191. 

SEMANA DOS EXPERTOS: Xa tes o índice? Agora toca buscar información, infórmate como facelo coa axuda da seguinte presentación.

PROPOSTAS PARA O XOVES 11 DE XUÑO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 187, 192 e 193.

SEMANA DOS EXPERTOS: Agora que xa tes a información tedes que pensar como a queredes presentar. Nunha cartolina? Nun vídeo? Unha presentación de Word ou Power Point? Elixe a túa forma e mándanos o resultado, para a semana expoñerémolos nas conexións. Ánimo!