Skip to Content

Arquivo

LUNS 16 DE MARZO

Ola pequerrechos e pequerrechas! As profes deixámosvos unhas actividades para facer o luns, non son obrigatorias nin avaliables pero si recomendables. Están relacionadas co que estivemos facendo na clase. Esperamos que estedes ben e que pronto poidamos volver a estar todos e todas xuntiños. 

1. ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS. REPASAMOS O RELOXO E O CALENDARIO. 

Le a seguinte ficha. Podedes tamén imprimila se queredes (picade no cadro que aparece na imaxe na marxe superior dereita que di "ventana externa". Abrirase unha nova ventana co documento, aí tamén na marxe superior dereita aparece un icono de descarga que é unha frecha cara abaixo, se lle dades enriba podedes gardar no ordenador e imprimir o documento) 

Agora podedes facer as seguintes actividades:

2. HORA DE LER. Le o libro favorito que teñas na casa. Escribe nunha folla o título, o autor, o ilustrador e a editorial e fai o debuxo do protagonista. Agora podes gravar un vídeo ou un audio lendo este libro e mandalo ao correo electrónico carraleses@gmail.com Subirémolo á páxina web e así compartiremos entre todos as nosas lecturas favoritas. 

3. ESCRIBIMOS UNHA INFOGRAFÍA: "CONSELLOS PARA PREVIR O CORONAVIRUS". Podes facela á man ou on line. Compártea tamén con nós enviándonos a foto ou o enlace ao correo que habilitamos: carraleses@gmail.com Tamén o subiremos á páxina web.

 

ACTIVIDADES RECIBIDAS

Aquí vos deixamos algunhas das actividades que fixeron os vosos compañeiros e compañeiras hoxe. Se non vos dou tempo a facer todo ou a envialo non pasa nada, aínda estades a tempo. Animádevos!

HORA DE LER:

Adrián ensínanos o seu debuxo e lenos o conto favorito:

Sabela R. de 2ºB tamén nos mandou estes vídeos:

 

 E Candela estes

 


INFOGRAFÍAS:

Adrián: 

Inés: 

 

Candela:

MARTES 17 DE MARZO

Boas! Que tal vos vai? Se aínda non fixestedes as actividades de onte non vos preocupedes, estades a tempo. Eran bastantes cousas así que podedes repartir o traballo e irvos organizando. Todos nos estamos aínda acostumando a esta situación. Aquí vos deixamos as tarefas para hoxe. 

ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS. 

Fai as seguintes actividades escritas e despois busca nos diferentes paquetes que tes na casa canto pesan por exemplo os macarróns, o arroz, o azucre... Se tes unha balanza ou báscula podes pesar diferentes obxectos, incluído a ti mesmo! Ademais, como onte, podes mandarnos fotos desta actividade, así todos e todas aprenderemos máis. 

HORA DE LER: Busca unha adiviña (mellor en galego) e grava un vídeo para mandárnolo. Non nos digas a solución, mañá publicaremos a resposta. Se non queres gravar o vídeo tamén nos podes mandar un audio ou unha foto dela escrita (ou as dúas cousas). Se pos en Google "adiviñas en galego" seguro que atoparás algunha, tamén podes preguntarlle a algún familiar ou mirala nalgún libro que teñas na casa. Se despois, ademais de buscar unha, decides inventar ti outra estaremos desexando vela. (Recorda o traballo que fixemos na primeira avaliación sobre adiviñas, seguro que sabes algún truco que utilizamos para facelas)

RECORDA QUE O CORREO PARA ENVIARNOS AS ACTIVIDADES É: carraleses@gmail.com

 

AS VOSAS ADIVIÑAS...

Que ben o facedes, tedes que estar moi orgullosos do voso traballo. Aquí deixamos as adiviñas recibidas, escoitade atentamente e a pensar! 

UN NOVO CONTO

Sabela envíanos o seu conto favorito.

INFOGRAFÍAS

Lúa:

 

Martín:

Sabela:

Martín: 

Sabela V:

Sergio:

 

OUTRAS TAREFAS

Por último, ensinámosvos as actividades que están facendo os vosos compañeiros e compañeiras nas casas como Adrián, Lara ou Sergio. Encántanos ver canto vos esforzades. Queriamos aclararar que non fai falta que nos mandedes as fichas para correxir porque as actividades non son avaliables e tampouco imos avanzar materia so intentamos con todo isto que estén entretidos, que repasen e que sigan coa rutina. Este pretende ser un lugar de encontro entre os nenos e nenas, onde poñemos en valor o seu esforzo e adicación e, por suposto, para que sigamos en contacto. Ánimos e apertas para todos e todas. Isto pasará e seguiremos, claro que si. Saudiños!

 

DÍA 18 DE MARZO

ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS.

Hoxe toca repasar a numeración, aquí vos deixamos unha ficha. Repasamos descomposición de números, operacións, problemas e un pouquiño as táboas. 

Cantiga da táboa do 1:

Cantiga da táboa do 2: 

HORA DE LER. Deixámosvos unha páxina web onde poderedes atopar moitas receitas de cociña en galego. Chámase BOLBORETAS NO BANDULLO (picade enriba do nome para ir a ela). Na biblio temos o libro. Xa o colleremos á volta pero mentras tanto podedes ver como é picando AQUÍ. Buscade se queredes en Google outras receitas ou pedídelle ás vosas familias que vos deixen un libro ou revista de cociña, seguro que pola casa hai algún. 

LINGUA ESCRITA.  Agora que xa lestes algunhas imos escribir a nosa RECEITA DE COCIÑA, a da comida que facedes hoxe podería estar ben, ademais así podedes participar na elaboración e practicar cos quilos, os gramos... Axudádelles ás vosas familias a elaborar hoxe o xantar. Despois escribídea á man, nun Word no ordenador ou gravade un vídeo e mandade o resultado ao correo carraleses@gmail.com, estamos desexando vervos en acción como expertos cociñeiros! Aquí vos deixamos unhas pautas para a redacción. 

Para rematar deixámosvos unha aplicacións para o móbil ou tablet onde podedes cociñar sen mancharvos moito. Chámase COOKING IN THE KITCHEN, podedes vela picando AQUÍ. Iso si... Moi saudable creo que non é a comida, vos que pensades? É saudable? Por que?

E se aínda vos quedaron ganas de seguir facendo cousas visitade o BLOG DA BIBLIO alí Pingüi deixou unha páxina con contos e un experimento científico. Seguro que vos gusta!

FACENDO AS TAREFAS

Aquí vos deixamos as fotos dos compañeiros e compañeiras facendo as tarefas: Alejandro, Alba e Natalia.