Skip to Content

Arquivo

AXUDANDO NA CASA

Seguimos a axudar na horta da nosa casa as fins de semana. Grazas familias polas fotos!

OS NENOS DE 5º TRÁENNOS INFORMACIÓN SOBRE OS TIPIS

Moitas grazas! Temos pendiente redactar as normas de entrada.

MÉTODO CIENTÍFICO E EXPERIMENTOS

XERMINAMOS UN AGUACATE!

ALGÚNS MOMENTOS NOS RINCÓNS

MIRANDO AS PARTES DAS FLORES

PLANT-ARTE

As plantas na pintura, coñecemos pintores famosos que representan as plantas nos seus cadros.

-"BODEGÓN" DE FRIDA KAHLO.

- "OS XIRASOIS" DE VAN GOGH.

- "A ÁRBORE DA VIDA" DE GUSTAV KLIMT.

 

POLO DÍA DA MULLER: MULLERES ESTRELA

Coñecemos mulleres galegas que destacaron por algo no seu tempo e facemos estrelas con dous triángulos como nos ensina unha das nenas. Así tamén traballamos a escritura e os textos instrutivos. Aquí vos deixamos un exemplo. 

MÁIS EXPERIMENTOS

Os nenos e nenas de 5º trouxéronnos unhas sementes de fabas a ver se o tamaño da semente influía no tamaño da planta, o experimento non saíu pero no seu lugar apareceron unhas larvas moi sopeitosas. Que serían? Tapamos o vaso e aos poucos días... MOSQUITOOOOS!! 

MOITO MEDRAN ESTAS FABAS...

Estas fabas medran un montón! Dentro de pouco saen pola fiestra! ;) 



by Dr. Radut