Skip to Content

Arquivo

ENTROIDO 2017: AGRICULTORES DE CARRAL

XOGOS RINCÓN TIC SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Pica nas imaxes para acceder aos xogos.

 

 

 

 

Charla sobre reciclaxe

Un neno e unha nena de 4º acompañados da profe Esther viñeron darnos unha charla sobre reciclaxe. Portámonos moi ben e eles fixérono xenial.

RINCÓNS DA SEMANA PASADA

Rincón TIC: Xogos de ordenador da entrada anterior. 

Rincón artístico: Pintamos con Maruxa Mallo.

Ricón científico: Reflexionamos sobre a nosa alimentación.

 

Rincón matemático: Repasamos as horas.

Rincón literario: Describimos de forma realista as plantas que eleximos.

MOITO EXPERIMENTO

Nas clases de 1º A e B estamos feitos uns expertos científicos. O noso método é rigurosos: obsevamos, formulamos hipóteses do que vai suceder, seguimos observando e chegamos a conclusións. 

Aquí tedes algúns exemplos. 

ASÍ APUNTAMOS O QUE OBSERVAMOS DOS EXPERIMENTOS

 

 

 

 

UNHA SEMILLA XIGANTE

A profe Mar tróuxonos un regalo, unha semilla xigante que nos comemos, sabedes que é? Pois si! Un coco! E nos pensando que era unha froita...

NAS FINS DE SEMANA TAMEN OBSERVAMOS A NATUREZA

As familias apórtannos fotos tamén de datos interesantes, aquí temos a Bruno plantando amorodos e a Diego coas cañotas xigantes de castaños na zona dos Ancares. 

ENSINAMOS O NOSO LIBRO A OUTRAS CLASES

O venres unha representación de nenos e nenas de 1º A e B fomos a presentar o libro dos cans aos nenos e nenas voluntarios de 5º que van facer un igual pero baseado na música coa profe Nuria. Os pequenos ensinan aos maiores, os maiores ensinan aos pequenos. Arendizaxe vertical! Explicamos o proceso do proxecto e tamén nos fixeron algunhas preguntas. Aquí vos deixamos unha imaxe.

MOMENTOS RELAXADOS DE LECTURA NOS TIPIS

Temos agora a aula organizada en grandes grupos así que nos quedou espazo para colocar uns tipis onde os encargados diarios, na hora de ler, poden desfrutar do pracer da lectura dun modo relaxado. Mirade que chulos quedaron! Dan ganas de quedarse a ler todo o día dentro deles! 



by Dr. Radut