Blog As clases de 1º

Benvidos

As Clases de segundo

Benvidos a noso Blog

DÍA TRISTE PARA GALICIA

Nun día como hoxe era necesario facer unha reflexión sobre o que está a suceder ao noso carón. Aquí tedes algunhas das conclusións dos nosos nenos e nenas. 

COMEZAMOS!

Comezamos cos recantos e imos de cabeza para a xeometría! Aquí deixamos un material moi interesante sobre o noso autor da semana que ven, Piet Mondrian. 

Descubriendo a mondrian from encararroyo

PLANT-ARTE XEOMETRÍA

Vídeo que recopila as fotos que os nenos e nenas fixeron a través da aplicación Epicollet dentro das actividades relacionadas coa Ciencia Cidadá. Nel pódese ver como estamos rodeados de xeometría tanto na natureza como nos elementos artificiais, feitos polo home. Hai unha foto mal colocada que se nos colou! A ver se a atopades! 

CIENCIACIDADÁ from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PARA AS FAMILIAS

Aquí vos deixamos as secuencia de actividades deste último semestre por se queredes colsultalo on line. Bo verán a todos e todas!!!

 

  

 

TRÍPTICO SOBRE A RECICLAXE DOS NENOS E NENAS DE 3º

Os nenos e nenas de 3º que xa nos diran unha pequena charla sobre reciclaxe agora tráennos un tríptico que fixeron para seguir concienciando sobre o coidado do medio ambiente.

FACEMOS ENSALADAS

LEITUGAS from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

A cantiga do vídeo titúlase "Comer bien" do grupo Los Algos. Aquí vos deixamos a orixinal.

LIBRO DAS PLANTAS

Xa está case camiño da imprenta o noso novo libro. Como sabedes esta vez o proxecto de investigación foi sobre as AS PLANTAS. Esta nova entrega da Editorial Pingüi ten moitas sorpresas xa que é unha edición interactiva a través da aplicación de Realidade Aumentada "AURASMA". Faremos unha reunión e explicarémosvos como usala. Mentras tanto aquí tedes a primeira edición, na última vai haber algúns cambios de formato pero, en xeral, vai ser moi similar. Esperamos que vos guste! Para amplialo a pantalla completa dádelle ao símbolo que aparece na parte inferior dereita que ten forma de cadrado.

 

Acceso