Skip to Content

blog de Usuario

FUN WITH ENGLISH

Comedor CEIP Vicente Otero

Benvida

Benvida

Benvidos

Benvidos

As Clases de segundo

Benvidos a noso Blog

Menú de outubro

Investigación científica

Usamos o método científico, que abreviando consiste en, despois de plantexar unha hipótese, observar, rexistrar, repetir e obter conclusións.

A nosa pregunta consistíu en : "a cor dos alimentos inflúe na cor dos excrementos dos caracois?"

Diiseñamos a nosa investigación da seguinte forma:

1º. Preparamos 4 terrarios para manter aos caracois.

2º Previamente a darlles o alimento axunaban 2 días para limpar o intestino.

3º Cada semana alimentabamos a cada grupo de caracois con leituga, cenoria, papel branco ou prato combinado de todos os alimentos anteriores.

4º Cada día contabamos, rexistrabamos e limpabamos os excrementos de cada terrario.

5º Ao cabo de 5 días rotabamos a dieta, asi ao longo dun mes todos os caracois foron alimentados con todos os alimentos.

6º As nosas conclusións foron afirmativas, a cor dos aliemntos si inflúe na cor dos excrementos dos caracois.

Preparación da investigación:

 Alimentación:

 

Conclusións: sí, a alimentación inflúe na cor dos excrementos. As deposicións dos caracois aliemntados con leituga, era verde; alimentados con cenoria, era laranza; alimentados con papel branco, eran brancas e por último , os alimentados cunha aliemntación variada, era case gris.