Skip to Content

blog de patricia

CANTIGAS DE PLANTAS E ÁRBORES

Como sabemos que vos gusta moito a música aquí vos deixamos unhas cantigas relacionadas coa horta e as árbores. 

Este vídeo é orixinal do Blogue da Biblioteca do CEIP "Saco e Arce" de Toén.

ESCORNABOT

Estamos aprendendo a usar os escornabots, aquí tedes uha mostra. 

TORTITAS

Como sabedes estamos traballando os textos instrutivos, agora mesmo andamos a voltas coas reitas de cociña así que unha nena da clase de 1ºA estivo facendo tortitas coa súa avoa e tróuxonos a proba. Gustáronnos moito!! Mil grazas! 

BISCANDO INFORMACIÓN

Empezan a chegar os materiais das casas. Moitísimas grazas en nome de todos e todas! Ademais, os nenos e nenas atopan información nos libros que colleron da biblio e noutros que nos prestástedes e queren compartila, aquí vos deixamos algunhas mostras. Descubriron cousas moi interesantes como que as patacas son as raíces das plantas, as semillas das fresas están por fora e as plantas carnívoras comen bichos porque viven es solos onde hai poucos nutrientes. 

AXUDAS PARA O PROXECTO SOBRE AS PLANTAS

A profe de prácticas Raquel tróuxonos un regalo... Uns cactos! Eran tres: un para 1º A, outro para 1ºB  e o último decidimos regalárllelo aos nenos e nenas de 5º que dende a nosa visita están motívadísimos traéndonos información sobre as plantas carnívoras. Moitas grazas rapaces!

Ademais a profe Charo tróuxonos uns carballos, loureiros e unha planta de amorodos. Máis grazas tamén! Así da gusto!

IMOS FACER BROCHETAS DE FROITAS!

Na aula de apoio coa profe Esther un dos nenos do noso cole estivo facendo brochetas, pasounos as fotos e nos deducimos os ingredientes que nos facían falta. Hoxe pasouse pola nosa aula e leunos coa axuda de pictogramas as froitas que utilizaron. Adiviñámolas todas! 

RECREOS DE LECTURAS

Algúns dos nenos e nenas de 1º decidiron por vontade propia ir a contar contos ás clases de infanitl no recreo. Aqui vos deixamos a imaxe dunhas voluntarias cos de 6º de Educación Infantil.

 

DESCOMPOÑEMOS NÚMEROS

Nas rutinas diarias descompoñemos números seguindo o método ABN de cálculo mental. Aquí tedes un exemplo. 

RINCÓNS DESTA SEMANA

Rincón TIC: Iniciámonos na programación a partir dun novo amigo, benvido Scornabot! Traballamos así a orientación espacial.

RINCÓN DAS LETRAS: Esta semana practicamos coas ocas de sílabas difíciles de ler. 

RINCÓN MATEMÁTICO: Medímonos e medimos todo o que atopamos. 

RINCÓN CIENTÍFICO: Traballamos as habilidades científicas, neste caso a observación das plantes, e anotamos o que vemos.

RINCÓN ARTÍSTICO: Versionando a Kandinski co papel de cociña.

 

RINCÓNS DESTA SEMANA

Rincón artístico: Xogamos cos xeoplanos, esta vez non facemos figuras iguais ao modelo, so creamos!

Rincón TIC: Buscamos quen é Kandinsky, as cores que usa para pintar e as figuras das súas obras.

Rincón literario: Facemos cans con papiroflexia a partir de instrucións. 

Rincón matemático: Xogamos con moedas e billetes a montar o noso propio supermercado.

Rincón científico: Explicamos coas nosas palabras o experimento coa auga.

 

RINCÓNS DESTA SEMANA

Rincón artísitico: recreamos as divertidas receitas de cociña de Hervé Tollet. 

Se queredes ter o libro tedes as referencias picando AQUÍ.

Rincón literario: Ordeamos e clasificamosos textos instrutivos que aportaron as familias (receitas de cociña, etiquetes, manuais de uso, experimentos...)

Rincón científico: A mascota de biblioteca Pingüi e a profe Lidia trouxéronnos unha sorpresa.... Unha planta carnívora! Observámola e pensamos como podemos coidala.

Rincón matemático: Traballamos a orientación espacial a través de xeoplanos.

Rincón TIC: Buscamos en Internet información sobre como coidar a nosa planta.

Distribuir contenido


by Dr. Radut