Aprendendo xuntos

Blog de Segundo curso

Benvidos

Rios e rochas de Carral: Exposición oral do proxecto.

Os rapaces e rapazas de segundo expuxeron o que investigaran sobre o tema elixido de Carral apoiándose nun mural que levan estes meses elaborando. Tamén explicaron o experimento sobre o ciclo da auga. Moi ben explicado! Sodes estupendos.

Vimos ademáis as preciosas exposicións do resto dos grupos, moi traballadores tamén.

 

Os de 2º somos os ríos de Carral!

O 1 de marzo celebrouse o Entroido no colexio e, dacordo co tema do Proxecto "Coñecendo Carral" os rapaces e rapazas de 2º foron dos ríos de Carral!

Representación de 2º con pictogramas de "El invierno está al revés"

Os alumnos e alumnas de 2ºA, 2ºB e 2ºC aprenderon esta divertida canción, á vez que colorearon os correspondentes pictogramas e, moi coordinados, os amosaron frase a frase. Os máis atrevidos levaron accesorios a propósito da canción, porque este non é un inverno calquera...

 

Traballo estilo Arcimboldo

Recortamos e pegamos froitas e verduras principalmente, despois de coñecer ao pintor italiano Arcimboldo para facer a nosa propia creación ó seu estilo.
2ºC

Galicreques en Tabeaio!

O pasado martes 23 de outubro asistimos, xunto aos nosos compañeiros/as de 1º, a unha divertida sesión de títeres no local social de Tabeaio. Pasámolo xenial Risa

 

Colaxe do aparato respiratorio e os órganos internos

Fixemos esta colaxe con diversos materiais e técnicas: Pallas que mediron, cortaron e uniron, bolsas recicladas, plastelina á que deron forma e pegaron. Observaron maquetas e investigaron nos libros, pintaron con témperas que mesturaron para acadar a cor necesaria e tamén con ceras.

 2ºA:

 2ºB:

 

2º C:

 

 

 

Magosto-Samaín

O 31 de outubro celebrouse o Magosto comendo castañas asadas no patio e a continuación os rapaces participaron en varias divertidas actividades como as carreiras de sacos, o xogo das cadeiras, a castaña na culler, tiro á cabaza ou pisar globos por parellas, etc. Algúns participaron na exposición de cabazas do Samaín.

Saída á Domus

 

O pasado 8 de outubro visitamos a Domus en A Coruña e aprendimos un montón: escoitamos os latexos dun corazón xigante, diferenciamos ósos, vimos como funcionaban as articulacións, medímonos e exploramos moitas cousas máis!!! Despois de todo isto merendamos cunhas marabillosas vistas ao mar.

Foi un día espectacular!!

2ºA:

 2ºB:

2ºC:

Benvidos/as ao blog "Aprendendo Xuntos" de 2º A, 2ºB e 2ºC.

Este curso 2018/2019 queremos achegarvos mediante este blog as actividades, tarefas, saídas... que realizaremos os tres cursos, facéndovos deste xeito partícipes delas.

Esperamos que vos guste e que sirva como elemento motivador para os vosos fillos/as.

BENVIDOS/AS!!!! Risa

                          As titoras de 2º.

   Todos xuntos