Skip to Content

Novas Mascotas para a nosa Biblioteca

Comezamos o curso con novidades na biblioteca. O equipo que coordina o noso querido mestre Marco decidiu renovar a mascota e para iso convocou un concurso onde nenos e nenas amosaron as súas propostas .

O venres 26 de outubro xuntámonos todo o colexio para a reinauguración da biblioteca: cantamos, recibimos a proposta dun novo proxecto para coñecer diferentes países e partes do mundo ,fixemos xogos e coñecemos ás dúas novas mascotas: O moucho Leoleo e o Oso Leosiño. Os creadores destas obras de arte recibiron un premio como agasallo e todos e todas as participantes degustaron unha larpeiradiña como agradecemento do Equipo da biblioteca.

Agardamos que todos veñades moitas veces á nosa biblioteca!!

As mascotas que se presentaron ao concurso
Os gañadores
Entrega de premios


story | by Dr. Radut