Iniciar sesión: Acceso

Pedagoxía Terapéutica

MARTES 31 DE MARZO

Bo día!

Hoxe centrarémonos en mellorar o noso cálculo. Para iso deixo por aquí unhas fichas de operacións. Nestas fichas preséntanse operacións de diversos niveis, podedes escoller aquelas que mellor se adapten a vós. 

https://drive.google.com/open?id=14rrfamlV9ACWLszqmz1rMuLBqclejX5V

LUNS 30 DE MARZO

Bo día!

Vamos comezar esta nova  semana traballando un pouco o razoamento matemático. Farémolo a través duns  problemas. Hai tres niveis de dificultades, escollede aqueles que máis se adapten a vós. 

https://drive.google.com/open?id=1F12v33i1IPEAB8k7anaobQe-ZxpbsUSa

VENRES 27 DE MARZO

Bos días!

Para o noso traballo diario de matemáticas preséntovos unha ficha para colorear operacións. Dentro do pdf hai diferentes niveis, cada un debe escoller o que mellor se lle adapte. É unha forma entretida de practicar o cálculo. 

https://drive.google.com/open?id=1pCAzqxHf-Qx9NWl7nlTuq9RiRlmUxkCC

XOVES 26 DE MARZO

Bos días!

Hoxe faremos un pequeno repaso de unidades e decenas. 

https://drive.google.com/open?id=1dt2VprJeX7AcMASzRmoNQe7ZL0RQnk5k 

Ademais déixovos unhas fichas de problemas. Hai tres niveis de dificultades, escollede aquel que máis se adapte a vós. 

MÉRCORES 25 DE MARZO

Bo día!

No día de hoxe seguiremos traballando o cálculo, para iso adxunto dous documentos un pensado para nenos/as que se inician nas matemáticas e outro para nenos/as que xa teñen certo dominio. 

https://drive.google.com/open?id=1HuEtyN-pdhJip0I3EwOXCOQ5Klv-mMie 

MARTES 24 DE MARZO

Bos días! 

Hoxe  preséntovos unhas aplicacións gratuítas para tablet ou móbil para traballar as matemáticas. Están divididas por idades. Recordarvos que é aconsellable que o uso de aparellos dixitais estea supervisado por un adulto. 

LUNS 23 DE MARZO

Bo día!

Hoxe adxúntovos un par de fichas para traballar os números e o cálculo. A primeira está pensada para nenos/as máis pequenos, que están dando os seus primeiros pasos nas matemáticas. A segunda xa está pensada para nenos/as dun nivel superior. 

https://drive.google.com/open?id=1KiQuyn9pRUPC_ZhLqOIkVDD-oTLv7Y3S

VENRES 20 DE MARZO

Bo día!

Hoxe preséntovos uns xogos matemáticos para ir practicando cos números e co  cálculo de forma máis amena.

MÉRCORES 18 DE MARZO

Bo día!

No día de hoxe seguiremos con traballo dedicado á estimulación do linguaxe oral mediante praxias e sopro, para iso déixovos un enlaces a uns videos que poden ser interesantes.

Distribuir contido