Iniciar sesión: Acceso

Pedagoxía Terapéutica

ADDENDA AO MÉRCORES 3 DE XUÑO

Moi bo día! 

Onte debido a un erro non se subiron as actividades previstas, polo que as vou subir hoxe. Pídovos perdón polas molestias que puidera ocasionarvos. 

Adxúntovos unhas fichas de cálculo. Xa sabedes que so debedes facer aquelas operacións que se adapten ao voso nivel. 

XOVES 4 DE XUÑO

Moi bo día! 

Hoxe vamos traballar o razoamento lóxico a través dunhas actividades de diferentes niveis. Espero que vos resulten útiles e divertidas. 

https://drive.google.com/file/d/1Ak041iQNy6dTqeS6ZEQBXW5R97UiA26h/view?usp=sharing

MARTES 2 DE XUÑO

Moi bo día! 

Hoxe adxúntovos un documento con unhas actividades moi sinxelas coas que repasar as unidades, decenas e centenas. 

https://drive.google.com/file/d/1-ru7k9sj66xIiYTojjAslhjb9wRltAam/view?usp=sharing

LUNS 1 DE XUÑO

Moi bo día! 

Hoxe, como cada luns, comezamos traballando un pouco o razoamento a través de problemas. Recordade que deixo problemas de varios niveis, facede so aqueles que se adapten a vós. 

https://drive.google.com/file/d/1W_GqwOdjWtnqvNvm9ioMk92-i9v2E0F_/view?usp=sharing

VENRES 29 DE MAIO

Moi bo día! 

A fin de semana xa está aquí e por iso vos quero propoñer un xogo. Hoxe déixovos un dominó de sumas e restas. A dinámica é moi sinxela. Hai que unir a operación co seu resultado. Xa sabedes que o podedes imprimir, fabricalo vós e incluso usar outras operacións. 

XOVES 28 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe propóñovos unha serie de actividades para traballar o razoamento lóxico. No documento que vos adxunto hai fichas de varios niveis polo que algunhas serán moi doadas e outras non tanto. 

https://drive.google.com/file/d/1yJWCPt3pbZAGyxZRa6J0EmMn84xRWbZ8/view?usp=sharing

MÉRCORES 27 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe é mércores polo que traballaremos o cálculo a través de operacións. Recordade facer aquelas que se adapten ao voso nivel. 

https://drive.google.com/file/d/1Kv1yRU8I12J2nvxJEaWqIgeAUaNofdZK/view?usp=sharing

MARTES 26 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe propóñovos unha actividade un tanto diferente. Trátase dunha sopa de números coa que tamén traballaredes os conceptos de unidades, decenas e centenas. Espero que vos guste. 

https://drive.google.com/file/d/1EarTGVS-rxoR-dKEojeX0s7xcUHnK7cR/view?usp=sharing

LUNS 25 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe como cada luns vamos facer uns problemas. Recordade que so tedes que facer aqueles que se adapten ao voso nivel. 

https://drive.google.com/file/d/14r3uDHsjBKdcIynca0oULcartRrvoMzx/view?usp=sharing

VENRES 22 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe é venres, comeza a fin de semana e seguro que xa estades cansos de repasar, polo que vos propoño facelo dunha forma máis divertida.  

Distribuir contido