Iniciar sesión: Acceso

Reapertura e modificación dos prazos do proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/2021

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. (DOG 6 de maio).

Novos prazos do proceso:

● Presentación solicitude de admisión: do 11 ao 18 de maio.

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria : do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

O centro permanecerá aberto a partir do 11 de maio en xornada de mañá.

Para calqueira consulta :

Teléfono de contacto: 642234006