Iniciar sesión: Acceso

Organización desdes días

Estimadas familias, tal e como ditan as instruccións da Consellería de Educación, a partir de hoxe luns 16 de Marzo, subiránse diariamente actividades de cada materia, gardando correspondencia co horario do grupo.

No caso de que non todos teñades acceso a internet ou non contedes cunha boa conexión á rede, en cada sesión inclúo dous tipos de materiais; dixitais e fichas en pdf ou Word (no caso de que se queiran imprimir) para que cada familia poida decidir porque opción decantarse.

Indicar que non é obrigatorio realizar todas as tarefas, que é una proposta de traballo ao dispor do alumnado.

Con respecto as actividades realizadas, non se teñen que enviar por correo electrónico, chega con que sexan supervisadas polas familias. Serán actividades de repaso, reforzo e ampliación do xa traballado na aula ata dita data. Non obstante, para todo o que precisedes (dúbidas, solicitar material complementario que reforce ou amplie as necesidades dos vosos fillos e fillas…) quedo a o voso dispor na seguinte dirección de correo: quintosextocercio@gmail.com.

 

                                              Un saúdo, mestra de Lingua Castelá

                                                                                                                                                                                      Educación Física