Iniciar sesión: Acceso

XOGANDO COA MODA GALEGA de Cestola na Cachola

O xoves 6 de Febreiro levamos a cabo unha actividade proposta dende a ANPA do colexio que resultou ser moi atractiva e interesante ao alumnado.

A actividade foi dirixida a todo o alumnado do centro, o cal foi realizando por turnos dous obradoiros. Estes estiveron enfocados a traballar a desigualdade, os estereotipos, a distribución da riqueza e a igualdade de xénero.

Para elo o alumnado levou a cabo un xogo onde a través de preguntas tiñan que posicionarse en si eran verdareiras e falsas, tamén debuxaron as súas ideas de decoración para logo plasmalas nun mural de dúas mulleres representando a moda.

Foron unhas activides moi interesantes e lúdicas nas que o alumnado aprendeu e pasouno ben

Dende o claustro damóslle as grazas a ANPA por propornos actividades tan interesantes.