Iniciar sesión: Acceso

Unha despedida atípica

Moi bos días!

Non vos preocupedes que hoxe non traio ningunha tarefa. Soamente me gustaría compartir con vós unha pequena carta que vos dediquei a todos e todas. Espero que vos guste e que gardedes un bo recordo deste curso que compartimos!

Non me esquezo, de novo, de agradecer a vosa paciencia e predisposición, o voso apoio e constancia, o voso interese e esforzo. Grazas tamén a todas as familias por facer isto posible.

Non esquezades pasar pola páxina principal da web porque hai unha sorpresiña.

Unha aperta enorme! Nunca me esquecerei de todos vós!

https://drive.google.com/file/d/1nDsKYFSlfPPn9h28tjOCi0ew2yxqFh3T/view?usp=sharing