Iniciar sesión: Acceso

Luns 15 de xuño

Bos días! Comezamos a última semaniña de tarefas? Imos logo!

Xa entramos na recta final co esa enigmática frase. Aquí vos deixo a nova entrega, xa veredes que faciliño é: https://drive.google.com/file/d/1qeUDemgUh9CxtkDhJ8Xq4vHvPmUNqMPF/view?usp=sharing

Ademais, como sei que xa comeza a haber ganas de verán e de vacacións, hoxe propóñovos un xogo de mesa. Trátase dunha oca da acentuación, como as que fixemos no cole. Desta volta propóñovos un taboleiro con novas palabras. https://drive.google.com/file/d/1PoiM2CG2xSSSu3YAeJUwcLtEYHFh9FEw/view?usp=sharing Tamén vos comparto as regras e as solucións: https://drive.google.com/file/d/1855Vel_7NLf9-BPwM5BxWyEWCIx_sSvj/view?usp=sharing Este xogo non ten por que acabar cando cheguedes á celda de “fin”, senón que sempre podedes crear un novo taboleiro e retar aos vosos familiares e amigos! Se facedes novos xogos, compartídeos comigo!

Tamén aproveito para recordarvos que vou estar chamándovos a todos durante esta semana, agás o martes que me vai resultar imposible. Aquí vos deixo a enquisa para que escollades día e hora: https://forms.gle/bmF93cfA3Ck8sMDh9 Se o preferides podedes escribirme tamén por correo para que fixemos unha cita.

Moito ánimo, rapazada!  Ata mañá!

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais