Iniciar sesión: Acceso

Venres 5 de xuño

Bos días de venres, rapazas e rapaces!

Imos rematar a semana como se merece. Cunhas pouquiñas tarefas moi sinxelas.

Para comezar, compártovos unha nova entrega da nosa enigmática letra. Non tedes ganas de saber xa que esconde? Pois tede paciencia que moi pronto o descubriredes. https://drive.google.com/file/d/1pdRbwuahwAGobzQGDgsY03SdHu6tt5uG/view?usp=sharing

Ademais, seguimos falando de medicina. Xa vimos que a medicina actuaba en dúas fases: o diagnóstico e o tratamento. Hoxe centrámonos no tratamento para coñecer mellor con que métodos contamos para desfacernos das enfermidades. Non esquezades que a investigación avanza cada día, pode que moi pronto teñamos un deses tratamentos que nos devolva á verdadeira normalidade. Si, estou a falar dunha vacina. Non vos preocupedes porque hoxe ides ter que investigar como funcionan as vacinas, algún o sabe? Pois a descubrilo! https://drive.google.com/file/d/1L-OAJQ0GKr5sS9YxY8H2RYWaeRZQmQEj/view?usp=sharing

Por último, gustaríame que vísedes un vídeo que a min me encantou cando o descubrín no seu momento. Cando falamos de emigración normalmente pensamos en homes que marchan, que deixan a súa terra, pero, quen quedaba entón para coidar as crianzas, o gando e as terras. As mulleres, claro. Neste documental sobre a vila de Avión, en Ourense, nárrase como era a vida desas mulleres que quedaban. Nunca debemos esquecer que as mulleres galegas foron un piar fundamental para manter a cultura e as tradicións. Espero que vos guste: https://www.youtube.com/watch?v=tNtkRZORJ8M Despois, déixovos unha pequena tarefa para facer sobre o vídeo. https://drive.google.com/file/d/1VMkUfmh34yRGCumHoWHcQELBGMiIbcKq/view?usp=sharing

Que teñades unha inmellorable fin de semana!

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais