Iniciar sesión: Acceso

Roteiro Tetralizado; Laxeiro Peregrino

O martes 22 o alumnado de 3º - 4º e 5º - 6º levaron a cabo un roteiro no Camiño de Inverno en Lalin no que fixeron unha ruta de 2 kilómetros dende a Casa natal de Laxeiro en DonRamiro ata Filgueira, onde coñeceron algún dos persoaxes que Laxeiro retratou nos seus cadros.

Espectacular mural no comedor do colexio!

Xoana Almar e Miguel Peralta, da cooperativa Cestola na Cachola, realizaron un mural no comedor do colexio. 

Ademais realizaranse de cara ó terceiro trimestre tres obradoiros distribuídos por idades no comedor do centro tratando como centro de interese a alimentación saudable. Estes obradoiros serán impartidos por Xoana Almar e Raquel Doallo.

Incorporación á rede de centros Plurilingües de Galicia!

Comezamos o curso con moi boas novas, pois ademais da nosa incorporación como centro Plurilingüe, a partir do vindeiro mes de outubro contaremos cun auxiliar de conversa procedente de Estados Unidos en todos os niveis de Infantil e Primaria. 

  

Distribuir contido