Iniciar sesión: Acceso

DÍA DA PAZ

 O 30 de Xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ. Con tal motivo realizamos unha actividade conxunta no pavillón onde cada clase leu un poema da paz e aproveitando que estamos a recorrer algúns países do mundo, fixemos as bandeiras de algúns países para conmemorar este día no que todos somos iguais e non hai diferenzas.

O novo ano chino

Co motivo do novo ano chino realizamos unha pequena representación da cultura chinesa, das súas costumes, comida... xa que de xeito paralelo estamos traballando todo o colexio con diferentes países e coñecendo a súa historia.

 

 

 

Feliz nadal e feliz ano 2020!!!!

Para rematar o trimestre e o ano 2019 celebramos o Festival de Nadal. Este ano estreamos escenario e cantamos unhas panxoliñas moi animadas. Feliz ano 2020!!!

 

Contacontos

Antes de rematar o ano recibimos a unha contacontos que nos trouxo a historia e as aventuras de dous ratiños moi aventureiros.

ELISA E MARCELA

O 5 de Decembro todo o centro desprazouse ata o centro cultural dos veciños de Cercio para escoitar, ver e traballar sobre unha historia real sobre a Diversidade, coa colaboración da ANPA. Tratábase dunha pequena peza coreográfica e unha posterior charla coas bailarinas sobre a historia real de Elisa e Marcela.

 

DÍA INTERNACIONAL DAS CAPACIDADES DIVERSAS

O MARTES 3 DE DECEMBRO CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE. COA PROPOSTA ACHEGADA POR LALÍN DIVERSO REALIZAMOS UNHA ACTIVIDADE COMÚN QUE CONSISTÍU NA PEGADA DAS NOSAS MÁNS NUN MURAL. PARA CONCIENCIAR AO ALUMNADO DA IMPORTANCIA DA DIVERSIDADE. 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de Novembro celebrouse o Dia Internacional contra a Violencia de Xénero e dende o CEIP Varela Buxán quixemos concienciar ao alumnado da importancia de este día, para elo levaronse a cabo diversas actividades nas aulas e como conmemoración o alumnado fixo o símbolo característico desde día con globos de cor lila e cantando a canción de Amaral "Salir corriendo".

SAÍDA DIDÁCTICA A CASA DO QUEIXO

O xoves 14 de Novembro todo o centro realizou unha excursión didácta á Casa do Queixo en Sobrado dos Monxes, onde tiveron a oportunidade de coñecer mais de preto como é a elaboración do queixo, ademais doutras actividades a través de diferentes talleres, velaí a proba de que o pasaron moi ben;

- Olores e colores.

- Elaboración de queixo.

- Artesáns por un día.

- O Magosto.

SAMAÍN 2019

Comezamos a semana do Samaín,e para iso o colexio vístese para a ocasion

                                  Bo Samaín!!!!          

 

Co comezo da semana chegaron as cabazas para decorar o colexio, cada cal mais orixinal....

"Picartiños de Senén Vaamonde"

O xoves 26 de setembro o alumnado do Ceip Varela Buxán acudiu ao Auditorio de Lalín para ver o espectáculo "Picartiños de Senén Vaamonde" e músicos da formación A Roda.

Distribuir contido