Educación física

RECREOS ACTIVOS 2020/21

A través dun servizo de préstamo de material deportivo preténdese que o alumnado conte coas mellores condicións posibles para a práctica de actividade física durante o recreo.

Este ano para cumprir co protocolo COVID durante o tempo de recreo distribuíronse zonas específicas para cada un dos cursos, rotando diariamente. Cada zona tiña asignado un material específico, tendo que hixienizar as mans antes e despois do seu uso.  Tamén contamos con unha zona de armarios para gardar e distribuír este material.

Os recreos activos foron dinamizados tamén dende o Club de Convivencia, grazas as súas reunións semanais puidéronse resolver moitos conflitos e organizar os espazos nun xeito máis conciliador.

 

XORNADA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS NA PRAIA 2020/21

Tratouse dunha xornada de convivencia escolar que tivo como una das súas finalidades principais poder  practicar diferentes actividades de Educación Física desenvolvidas durante o curso nun espazo natural, neste caso nas praias da localidade. Grazas a un servizo gratuíto de autobuses ofrecido polo concello, esta actividade púidose realizar con gran comodidade e sen custo algún.  

> XORNADA NA PRAIA DE SAMIL PARA 6º DE PRIMARIA (Mércores 26 de Maio de 2021)

> XORNADA NA PRAIA DE OLMOS PARA 1º DE PRIMARIA (Venres 28 de Maio de 2021)

 

VISITA DE CLUBS DEPORTIVOS CURSO 2020/21

Un agradecemento moi especial a todos os clubs e técnicos que viñeron ao noso colexio a promover e ensinar o seu deporte. Gracias ao seu excepcional traballo podemos coñecer diferentes actividades físicas que poden ser do noso interese para poder seguir practicando deporte en horario extraescolar.

XORNADAS DE BÁDMINTON “CLUB DE BÁDMINTON ESCOLA ROSALÍA”

26 de marzo  de 2021 (4º/5º e 6º primaria)

Suso, un dos técnicos do  club de Bádminton Escola Rosalía acudiu ao centro para ofrecer unha amena xornada onde explicou os elementos técnicos básicos do seu deporte, centrándose sobre todo no agarre da raqueta para o golpeo de dereita e revés. Ademais os nenos e nenas puideron practicar diferentes exercicios e xogos de iniciación ao bádminton baixo a súa supervisión. Esta actividade deu pé a comezar unha unidade didáctica de bádminton para o 4º e 5º curso de primaria.


 

XORNADA DE   INICIACIÓN Á ESGRIMA POLO CLUB  DE ESGRIMA EL OLIVO

28 de Abril de  2021 (2º, 3º, 4º/5º e 6º)

Pola petición de varios alumnos do centro interesados neste deporte, contactamos co club de esgrima “El Olivo” de Vigo.  Con moi boa disposición acudiu o propio presidente do club, Luís, unha das súas técnicas, Xiana e  tamén nunha das sesións puidemos contar cunha das  mellores tiradoras de esgrima a nivel nacial, Judith Rodríguez,  todo un exemplo de superación persoal. Gracias a súa boa disposición organizouse unha xornada completa de esgrima  que se dividiu en 3 partes:

  • Unha primeira explicación teórica sobre o regulamento, modalidades e equipamento deste deporte.
  • Unha segunda parte práctica onde os alumnos levaron a cabo exercicios técnicos de esgrima (marcha, romper, fondo).
  • Para rematar os técnicos que acudiron ofreceron unha demostración que consistiu na realización dun asalto de esgrima arbitrado por un dos alumnos.

 

 

 

VOLVERÉMONOS A VER

A pesar da corentena o Valle-Inclán non parou e as rapazas e rapaces do centro seguiron movéndose para manterse en forma e facer os retos propostos polo profe Jorge dende as clases de Educación Física. 

A continuación queremos compartir con vós un vídeo resumo dos retos realizados.

 

Lip dub

Distribuir contido