VISITA DE CLUBS DEPORTIVOS CURSO 2020/21

Un agradecemento moi especial a todos os clubs e técnicos que viñeron ao noso colexio a promover e ensinar o seu deporte. Gracias ao seu excepcional traballo podemos coñecer diferentes actividades físicas que poden ser do noso interese para poder seguir practicando deporte en horario extraescolar.

XORNADAS DE BÁDMINTON “CLUB DE BÁDMINTON ESCOLA ROSALÍA”

26 de marzo  de 2021 (4º/5º e 6º primaria)

Suso, un dos técnicos do  club de Bádminton Escola Rosalía acudiu ao centro para ofrecer unha amena xornada onde explicou os elementos técnicos básicos do seu deporte, centrándose sobre todo no agarre da raqueta para o golpeo de dereita e revés. Ademais os nenos e nenas puideron practicar diferentes exercicios e xogos de iniciación ao bádminton baixo a súa supervisión. Esta actividade deu pé a comezar unha unidade didáctica de bádminton para o 4º e 5º curso de primaria.


 

XORNADA DE   INICIACIÓN Á ESGRIMA POLO CLUB  DE ESGRIMA EL OLIVO

28 de Abril de  2021 (2º, 3º, 4º/5º e 6º)

Pola petición de varios alumnos do centro interesados neste deporte, contactamos co club de esgrima “El Olivo” de Vigo.  Con moi boa disposición acudiu o propio presidente do club, Luís, unha das súas técnicas, Xiana e  tamén nunha das sesións puidemos contar cunha das  mellores tiradoras de esgrima a nivel nacial, Judith Rodríguez,  todo un exemplo de superación persoal. Gracias a súa boa disposición organizouse unha xornada completa de esgrima  que se dividiu en 3 partes:

  • Unha primeira explicación teórica sobre o regulamento, modalidades e equipamento deste deporte.
  • Unha segunda parte práctica onde os alumnos levaron a cabo exercicios técnicos de esgrima (marcha, romper, fondo).
  • Para rematar os técnicos que acudiron ofreceron unha demostración que consistiu na realización dun asalto de esgrima arbitrado por un dos alumnos.