Convocatoria axudas para asistencia a comedores escolares curso 2019/2020 do Concello de Oleiros.

No Boletín Oficial da Provincia de onte saiu publicado o extracto da convocatoria de axudas para asistencia a comedores escolares no curso escolar 2019/2020.
As bases e o modelo normalizado para solicitar a axuda atópanse na web do Concello de Oleiros, na concellería de Ensino e Xuventude.
Para o voso coñecemento achegámosvos a antedita documentación.
O prazo de solicitude ábrese hoxe día 16 de xullo e remata o 30 de setembro. A solicitude hai que entregala no Rexistro xeral sito no Centro Cultural A Fábrica.

Back to top