AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

Publicada no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 mediante a que se aproba unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

O requisito é ter una renda per cápita familiar igual ou inferior a 5400 euros. Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude. A Orde da convocatoria atópase no taboleiro de anuncios do Centro e facilítanse impresos de solicitude en conserxería. Unha vez cubertas, presentaranse en dirección ás 9.00 h. O prazo de presentación das solicitudes remata o 21 de novembro de 2015.

A dirección

Orde 6 de novembro de 2015

Back to top