O Noso Cole

O Noso Cole

Temos dous edificios separados dentro do mesmo recinto, así como un módulo para comedor e cociña. Os edificios son luminosos e amplos e as instalacións exteriores moi completas.

Durante este curso, 2016-17 contamos con 7 aulas de Educación Infantil, 18 aulas de Educación Primaria, 1 aula de Música, 2 aulas de informática, sala de usos múltiples, biblioteca, 2 salas de profesorado, varias aulas de PT e AL e  despachos para Orientación, Dirección, Xefatura de estudos, Secretaría, Conserxería e ANPA.

Contamos cun Pavillón Polideportivo cuberto con pista de linóleo, vestiarios e ximnasio, así como con dúas pistas polideportivas exteriores dotadas de gradas. Temos tres patios cubertos e dúas zonas de xogos infantís.

Todo nun entorno equilibrado urbanísticamente e preto de espazos naturais aproveitables pedagóxicamente como o monte e a praia de Bastiagueiro.

No menú "Visita polo Centro" da esquerda podes ver algunhas imaxes das estancias do Centro.

 

Powered by Drupal - Design by artinet