Deportes

PERSONAXE MISTERIOSO MES DE XUÑO

Aí vai un novo caso de personaxe misterioso.

PISTA 1: Naceu no ano 1987.

PISTA 2: Iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do FC.Barcelona.

PISTA 3: Posición: centrocampista.

PISTA 4: No ano 2003 fichou por un equipo inglés e no 2004 debutou na Premier League.

PISTA 5: Na Eurocopa do 2008 levaba a camiseta da Selección Española co número 10. 

PISTA 6: No ano 2008 foi nomeado o mellor xogador novo da Premier League.

PISTA 7: Principais características técnicas: aporta creatividade, moi boa visión do xogo, gran dominio do pase e moi bo lanzador de faltas.

PISTA 8: Xoga no Arsenal pero o hai moitas posibilidades para que fiche polo Barcelona C.F. 

VALORES E ACTITUDES DO DEPORTE

Paquete de actividades do programa Jclic relacionadas cos valores e as actitudes que se deben respectar na práctica deportiva: aprender a gañar e a perder; respectar aos compañeiros/as de xogos; valoración da competición como forma de divertisre e de aprender; potenciar condutas do "xogo limpo"

 

MUNDIAL SUDAFRICA 2010

Axiña empezará o Mundial de Sudáfrica 2010. Nesta presentación atoparás datos interesantes.

Esperemos que España consiga grandes éxitos.

 

MELLORES XOGADORES DO FUTBOL ACTUAL

Publicación de CALAMEO que recolle a lista dos mellores xogadores de fútbol da actualidade.

 

"FUTBOL: O MELLOR DEPORTE DO MUNDO"

Esta publicación está editada no portal CALAMEO.COM e aporta interesante información sobre diferentes aspectos do fútbol.

 

Distribuir contido