Documentos de interese

ACTUALIZACIÓN DO PLAN DE CONTINXENCIA

Unha vez aprobada pola Inspección Educativa, publícase a Actualización do Plan de Continxencia que contén as últimas modificacións e o Plan de Ensino Virtual co "horario espello". 

 

Para velo, prema AQUÍ.

 

IMPORTANTE: MODIFICACIÓN NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO ACOMPAÑADO DAS FAMILIAS EN PRIMARIA

Información General y Política de Publicidad - Noticias - Tuslances.com -  Tu portal de Caza y Pesca en Internet

Co obxectivo de mellorar as entradas e saídas do ALUMNADO DE PRIMARIA ACOMPAÑADO DAS FAMILIAS, a partir do luns, día 14 de setembro, despois da entrada e saída do alumnado transportado nos autobuses:
A entrada e saída do alumnado de 1º realizarase polo portal máis próximo ao edificio de 1º (ao lado do instituto).
A entrada e saída do alumnado de 2º e 3º realizarase polo portal máis próximo á panadaría.
A entrada e saída do alumnado de 4º, 5º e 6º realizarase polo portal de secretaría.

Adxuntamos unha imaxe das entradas e outra das saídas.

As entradas son a partir das 08:55, pero deben acceder ao recinto con tranquilidade. Temos flexibilidade para comezar o período lectivo.

Se hai varios irmáns/ás, poderán realizar a entrada, se o desexan, polo portal polo que ten que acceder o/a máis pequeno/a e unha vez dentro do recinto, o/a maior poderá dirixirse á porta do edificio que lle corresponda.

No caso da saída, se o desexan, o/a maior pode saír polo portal que lle corresponde e, unha vez na beirarrúa (de uso exclusivo para alumnado), desprazarse con tranquilidade ata a porta pola que sae o/a seu/súa irmán/á máis pequeno/a.

ENTRADAS E SAÍDAS NO COLEXIO

Para ver o documento informativo sobre entradas e saídas no colexio prema na imaxe.

PLAN DE INICIO DE CURSO. ENTRADAS Y SALIDAS DEL CENTRO | Colegio Marista  Ntra. Sra. de la Fuencisla, Segovia

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS

O xoves, día 18-06-2020, ás 14:00 horas, publicaranse en abalarMóbil as cualificacións da 3ª avaliación en Infantil e da avaliación ordinaria en Primaria.

Seguindo as intrucións do 28 de maio de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en Primaria non se publicarán as cualificacións da 3ª avaliación

 

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021

Para ver a relación de libros de texto para o curso 2020-2021, prema na imaxe

Libro Los Libros De La - Gráficos vectoriales gratis en Pixabay

 Ademais, nos niveis de 4º, 5º e 6º de Primaria, na área de Inglés, utilizarán os caderniños (material funxible) que pode consultar premendo AQUÍ.

SOLICITUDE DE COMEDOR E MADRUGADORES/AS PARA O CURSO 2020-2021

O Concello de Betanzos abre o prazo para a inscripción do alumnado do CEIP Vales Villamarín no servizo de comedor e madrugadores para o curso 2020/21. O prazo será do 3 de xunio ao 3 de xullo, ambos inclusive.

Para máis información, prema na imaxe.

Escuela infantil 2018/19: servicio de madrugadores y comedor escolar

INFORMACIÓN SOBRE O TRABALLO ESCOLAR DURANTE A CRISE

Se queredes acceder ao voso nivel, prema na imaxe.

La gente aprende y gana conocimiento. estudiar juntos. ilustración ...

Distribuir contido