Actividades

Actividades en xeral do centro: excursións, celebracións, festas, saídas...

I Xornadas de Sensibilización e Atención á Diversidade. Vídeo

Algúns dos mestres e persoal que traballa no Vales Villamarín de Betanzos doaron amablemente as súas imaxes para iniciar as I Xornadas de Sensibilización e Atención á Diversidade con este vídeo, que é un algo, ainda que é pouco, pero que comeza coa reflexión propia de que todos somos diferentes, bos para unhas cousas e malos para outras, e isto é o que nos enriquece. Foi unha experiencia inolvidable moitas grazas a todos e todas os que fixéstedes posible este proxecto que nos fixo a todos un pouco máis sensibles e mellores persoas.
NO "VALES", TI VALES, NO "VALES" VALEMOS TODOS!
Recordade que "xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas: poden cambiar o mundo"

Untitled from Patricia Pena on Vimeo.

ENTROIDO

O equipo de Dinamización da Lingua Galega súmase ás celebracións do Entroido, por iso, convidamos a todos os pais e nais que queiran participar a que nos mandedes as vosas receitas de cociña das comidas típicas desta época do ano. Seguro que facedes unhas cousas riquísimas! Cando as recopilemos poñeremos fotos dos rincóns "NO VALES, EN GALEGO", xa veredes que "deliciosos" quedan.

 

Pero...

Sabedes de onde ven esta festa ancestral? Cales son os lugares de Galicia onde se viven máis estas datas?  Pois picade AQUÍ e descubrirédelo!

 

Sen dúbida esta é unha das festas máis divertidas do ano, sobre todo para os máis pequenos da casa, son uns días onde se permite "case todo" (como ben recolle a sabedoría popular), pero tede coidado porque:

 

Tamén é a despedida dos días curtos e fríos como tamén nos ensinan os nosos ditos: 

 

Moitas das festas paganas coma esta coinciden cos festas de tipo relixioso, neste caso cando remata o Entroido comeza a chamada "Cuaresma" unha etapa que a igrexa describe como de recollemento espiritual na que non se pode comer carne:

Para saber máis cousas sobre o Entroido en Galicia picade AQUÍ. (Esta é a páxina da COORDINADORA GALEGA DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA)

Agora que xa sodes uns expertos en "entroidadas" deixamósvos uns xogos. Disfrutádeos moito e "falade un pouco galego, se non queredes perdelo!".

Primeiro, o puzzle do peliqueiro (pica na palabra "puzzle" para facelo)

 

 Segundo, a ver que guapo vos queda disfrazado Winnie de Pooh! (Picade AQUÍ para xogar)

 

 

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DESÉXAVOS UN FELIZ ENTROIDO!

XUBILACIÓNS

O C.E.I.P. "FRANCISCO VALES VILLAMARIN" RINDE HOMENAXE ÓS MESTRES XUBILADOS: Mª LUZ FERNANDEZ CARRO,ANTONIA GÓMEZ, Mª ISABEL ÁLVAREZ, Mª CARMEN MARTÍNEZ E MANUEL LÓPEZ RÍO






PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

O pasado martes, 8 de novembro os bombeiros do Parque Comarcal de Betanzos levaron a cabo unha xornada de formación dirixida ao profesorado do "Vales Villamarín"

 

O camión de bombeiros apagando lume bombeiros

  

 

 

 

Excursión fin de primaria (2011)

6º NO AQUAPARK (20 XUÑO 2011)





Distribuir contido