Actividades

Contos das estacións. Dúo Conta e Canta

O día 19, e organizado polo Concello de Betanzos, tivo lugar unha actividade de contacontos musicado e con sombras chinesas titulado "Contos das estacións" do grupo Conta e Canta.

Un anaco da representación. Aquí podes ver algo máis.

Clica na imaxe para ver o vídeo.

CONTOS DAS ESTACIÓNS

Publicado por macape

CALENDARIO 2013

XA PODEDES DESCARGAR O CALENDARIO 2013.


MOITÍSIMAS GRAZAS POLA INMENSA PARTICIPACIÓN.


ESTE ANO A TEMÁTICA DOS CALENDARIOS FORON AS CELEBRACIÓNS DE BETANZOS (GLOBO DE BETANZOS, OS CANEIROS, AS FEIRAS, A VENDIMA).


APROVEITAMOS XA PARA DESEXARVOS UN BO NADAL E UN FELIZ ANINOVO DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.


UN SAÚDO.

CALENDARIO 2012

               Ola a todos e todas! Xa está aquí o esperado calendario 2012! Antes de nada dar as grazas en nome do Equipo de Dinamización da Lingua Galega polo interese prestado e por participar!


Este ano o calendario ten unha temática natural, os alumnos e alumnas debían debuxar as flores e os froitos dunha serie de árbores autóctonas. Esperamos que aprenderades moito e xa saibades máis da natureza que nos rodea. Esta é so unha pequena mostra das dotes artísticas dos nosos pequenos (para descargalo picade na imaxe ou abaixo de todo onde pon archivo adxunto)



Pois relacionado co calendario e para para que desfrutedes un pouco das follas e dos froitos das nosas árbores propoñémosvos actividades como as seguintes en familia, pasaredes un bo rato e desfrutaredes creando


.



Estas deliciosas recetas están sacadas do blog de educación infantil de LOYCA, se queredes ver máis picade AQUÍ.


Iso si, unha recomendación, mentras as facedes falade a nosa lingua! Porque... se non queremos perdelo, temos que falar un pouquiño galego!


Tamén vos deixamos aquí uns xogos on line! Veredes que divertidos! Podedes formar caras con follas, animais imaxinarios.. E no das froitas podedes poñer as vosas caras nas mazás, nas peras... Picade nas imaxes para ir a eles!


  


E falando de follas, froitos... árbores... Xa puxéstedes a árbore de Nadal? Supoñemos que si! Pero... sabedes porque se pon? Se ledes a seguinte historia poderedes resolver este pequeno enigma.


 


Agora que xa sabedes o porqué de poñer a árbore... Podedes facer a vosa propia on line  picando nas imaxes. A ver se vos quedan ben chulas! 


                                          

Samaín

O Samaín foi unha boa ocasión onde os nosos alumnos de Educación Infantil fixeron unha gran cantidade de actividades didácticas.Samaín

Exposición de froitos secos

Durante este outono polo noso centro ten lugar unha grande cantidade de exposicións de froitos secos, como a que podemos ver, e que son de grande utilidade para que os mestres desenvolvan moitas actividades didácticas cos seus cativos.


Exposición de froitos de outono

Distribuir contido