Actividades

CALENDARIO 2012

               Ola a todos e todas! Xa está aquí o esperado calendario 2012! Antes de nada dar as grazas en nome do Equipo de Dinamización da Lingua Galega polo interese prestado e por participar!


Este ano o calendario ten unha temática natural, os alumnos e alumnas debían debuxar as flores e os froitos dunha serie de árbores autóctonas. Esperamos que aprenderades moito e xa saibades máis da natureza que nos rodea. Esta é so unha pequena mostra das dotes artísticas dos nosos pequenos (para descargalo picade na imaxe ou abaixo de todo onde pon archivo adxunto)



Pois relacionado co calendario e para para que desfrutedes un pouco das follas e dos froitos das nosas árbores propoñémosvos actividades como as seguintes en familia, pasaredes un bo rato e desfrutaredes creando


.



Estas deliciosas recetas están sacadas do blog de educación infantil de LOYCA, se queredes ver máis picade AQUÍ.


Iso si, unha recomendación, mentras as facedes falade a nosa lingua! Porque... se non queremos perdelo, temos que falar un pouquiño galego!


Tamén vos deixamos aquí uns xogos on line! Veredes que divertidos! Podedes formar caras con follas, animais imaxinarios.. E no das froitas podedes poñer as vosas caras nas mazás, nas peras... Picade nas imaxes para ir a eles!


  


E falando de follas, froitos... árbores... Xa puxéstedes a árbore de Nadal? Supoñemos que si! Pero... sabedes porque se pon? Se ledes a seguinte historia poderedes resolver este pequeno enigma.


 


Agora que xa sabedes o porqué de poñer a árbore... Podedes facer a vosa propia on line  picando nas imaxes. A ver se vos quedan ben chulas! 


                                          

Xogos populares

No CEIP Vales Villamarín, non nos gusta perder a tradición e por iso este ano nos recreos estanse a desenvolver unha grande cantidade de xogos populares con gomas, cordas, buxainas...que están perfectamente organizados.

XOGOS POPULARES  

Samaín

O Samaín foi unha boa ocasión onde os nosos alumnos de Educación Infantil fixeron unha gran cantidade de actividades didácticas.Samaín

Rincón "No Vales en Galego"

En cada corredor do noso centro temos un rincón para expoñer traballos con textos en galego, con slogans invitando á lectura en galego, receitas de cociña do outono e recomendacións de libros en galego, explicando o motivo de tal recomendación.


Rincón "No Vales en Galego"

Distribuir contido