Festas e Celebracións no colexio

Letras galegas, día da paz, samaín, nadal, antroido...

DÍA 8 DE MARZO

Os alumnos e alumnas de catro anos celebraron deste xeito o "DIA INTERNACIONAL DA MULLER"

Visita do Reis Magos ao Colexio

Os Reis Magos visitaron aos nenos no Cole, pasaronno moi ben.

Día da Constitución

Os nenos de Educación Infantil fixeron uns carteis para celebrar o día da Constitución e de paso entender un pouco a nosa Carta Magna.

Celebración do Samaín

   

A historia do Samaín

Para os povos celtas, a noite do 31 de outubro era a útima do ano, pois seguían un calendario diferente o noso
 

Era a "noite de Saman" e, durante unhas horas, as portas do noso mundo abríanse para permitir aos defuntos visitar a súa familia na Terra.

A xente pedía comida polas casas para prepararlles un banquete. Tamén acendían fogueiras para guialos e que puidesen quentarse.   

Maís tarde, estas fogueiras foron substituídas por nabos grandes que se baleiraban e nos que se colocaba unha candea acesa.

Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigraron a Estados Unidos, levando consigo unha tradición que conservaran durante séculos. Iso si, cambiaron os nabos por cabazas, que lles pareceron máis vistosas e fáciles de decorar.

Distribuir contido (C01 _th3me_)