Novas

Contidos recentemente publicados nesta web

Nova funcionalidade do tablón de anuncios

O Tablón de anuncios está agora aberto a tódolos profesores do centro. Podedes publicar calquera "Anuncio - Nova" que consideredes relevante para o resto da comunidade escolar, pais e alumnos. Lembrade que o tablón de anuncios é totalmente Público.

Os anuncios novos móstranse no tablón pasada unha hora da súa publicación e pasadas 4 semanas desaparecen automáticamente (deixan de ser novidades)

Aviso aos usuarios dos blogs do centro

Fixemos algunhas modificacións na web do centro para tentar mellorar a súa navegabilidade. Estas modificacións afectan aos blogs nos seguintes aspectos:

  • Para cada unha das entradas ou artigos do blog deberemos escribir unha ou varias palabras relacionadas (etiquetas ou "tags") que axuden a facilitar a súa busca. No caso de poñer mais dunha palabra, estas separaránse por unha coma seguida dun espazo. Exemplo: actividades, infantil, outono, samín
  • Unha vez introducidas as etiquetas ou tags visualizarase unha "nube" de etiquetas que nos permitirá acceder aos contidos directamente picando sobre a palabra clave que nos interese.
  • Poderemos tamén ver un novo menú persoalizado nos blogs no que se presenta unha relación dos últimos artigos ou entradas publicadas nese blog. 
  • Na páxina principal visualizarase igualmente as últimas entradas de tódolos blogs.
  • Durante estes días os autores de blog poden probar diferentes plantillas parao seu blog. As modificacións polo de agora só afectan ao seu propio usuario. Para probar estas diferentes plantillas tedes que ir ao Menú de Navegación -> A miña conta -> Editar, e ali atoparedes ao final tódalas posibles plantillas que podedes probar. En canto estedes decididos por unha plantilla para o voso blo, comunicádeo en secretaría para que efectuemos o cambio.
  • Para calquera dúbida ou incidencia lembrade que podedes consultala en secretaría ou enviando un e-mail

Nova Web do centro

Estivemos facendo reformas  na web do centro para mellorar a súa accesibilidade e facer mais sinxela a navegación. Se detectades calquer erro enviade un e-mail aos administradores da web (tedes un enlace na cabeceira) ou comunicádeo en Secretaría.

Gracias a todos pola vosa colaboración.

MARTES 18 DE MAIO DÍA NON LECTIVO NO CENTRO

Estimadas familias:  

 

* Segundo a Orde do 15 de xuño de 2009 pola  que se aproba o calendario escolar para o curso 2009/2010, en aplicación do artigo 7º punto 2 (elección polo centros de días non lectivos), O MARTES 18 DE MAIO DE 2010NON HABERÁ CLASE, TAL COMO FIGURA NO CALENDARIO ESCOLAR ENVIADO ÁS FAMILIAS AO PRINCIPIO DO PRESENTE CURSO.  

 

Betanzos a 14 de maio de 2010  

 

A DIRECCIÓN DO CENTRO   

 

Publicada Lista alumnos admitidos para o curso 2010-2011

Neste enlace poderá atopar as listas de alumnos admitidos para o vindeiro curso.

Xandre o elefante sen sombra

Publicamos no bloque de xogos didácticos os contos de Xandre, o elefante sen
sombra
. Conto e actividades realizadas por membros da asociación TADEGa.

Moitas grazas a todos eles polo seu traballo
e adicación así como por compartilo con todos nós. 

 "...Xandre é un longo soño con longos traballos para chegar a facelo
real. Nel se resumen moitos debates cun consenso: a diversidade
funcional, a discapacidade, a atención á diversidade, non son cousas
para anotar nun caderno e morrer nun caixón. Son persoas como ti e como
eu que demandan con xustiza saír do mundo da invisibilidade e facerse
cidadáns reais en pé de igualdade. Ese é o noso afán (o de TADEGa e o de todas e todos nós).

Grazas por escoitarnos. "

extracto obtido da web de TADEGa presentando o proxecto.

PREMIOS CONCURSO FOTOGRÁFICO

PARABÉNS!!!!!

 

Unha vez resolto o "I Concurso de Fotografía" pasamos a relacionar aos gañadores:

1ª Categoría (nenos menores de 8 anos)

A GAÑADORA É: EVA GÓMEZ ARADAS de 1º C de Educación Primaria,

2ª Categoría (nenos maiores de 8 anos)

O GAÑADOR É: DIEGO TEIJO BARRAL de 3º F de Educación Primaria,

 

ENTREGA DE PREMIOS

PREMIADA 1ª CATEGORÍA

PREMIADO 2ª CATEGORÍA

 

 

Normativa educativa actualizada (xaneiro 2010)

Tedes a vosa disposición (zona de descarga > documentos de interese) unha nova revisión da recopilación de normativa educativa, actualizada a xaneiro de 2010.

Gracias como sempre a Ricardo polo seu traballo e xenerosidade.

I Concurso de Fotografía para alumnos

Debido a un problema técnico, os debuxos elixidos e os premios a eses debuxos farense despois das vacacións do Nadal.

Neste enlace podedes ver o album coas fotos presentadas

Disculpade as molestias.

Feliz Nadal.

Distribuir contido