Novas

Contidos recentemente publicados nesta web

Lexislación educativa actualizada a 23/04/2012

Publicada na sección de Secreataría (Lexislación educativa) o documento actualizado no que se recolle a normativa vixente e lexislación educativa galega para centros educativos de ensinanzas non universitarias.

Nesta actualización se recollen entre outros o recente Real Decreto-ley 14/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativo.

O documento pode atoparse no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/node/1959

Documento elaborado por

José Ricardo López Saavedra

seminario de Matemáticas

IES As Mariñas de Betanzos

Aberto o prazo de solicitudes de admisión curso 2012-2013

O prazo de entrega de novas solicitudes de admisión abrangue dende o 1 de marzo ata o 10 de abril, ambos os dous inclusive.

Pode ver a documentación a entregar e descargar os impresos na web do centro neste enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/node/48

Concerto didáctico "La Cenicienta" de Rossini

O vindeiro 26 de xaneiro os alumn@s de 5º curso acudirán ó Palacio da Ópera en A Coruña para a asistir ó concerto didáctico "La Cenicienta" de Rossini. Para ter máis información sobre o traballo que imos realizar podedes picar no arquivo adxunto.

Se estades interesados en participar no concerto en familia poderedes disfrutalo o sábado 28 de xaneiro no Palacio da Ópera ás 12:00.

 Se picades no seguinte enlace tedes unha mostra do que imos ver.

http://youtu.be/6t0iopDsBXw

I Triatlón Deportivo Navideño Vales Villamarín

O próximo mércores 21 de Decembro de 2011 celebraráse no CEIP Vales Villamarín o I Triatlón Deportivo Navideño con partidos de fútbol sala, baloncesto e brilé entre mestres e alumnos de 6º EP... ¡sorte a todos!

 

Calendario escolar actualizado

Actualizado o calendario escolar 2011-2012, quedan recollidos nel os dous días de libre elección do centro. Pode descargar o calendario actualizado no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/calendario-escolar-2011-2012

Calendario escolar curso 2011-2012

Tedes dispoñible o novo calendario escolar para o vindeiro curso 2011-2012, que está publicado na sección correspondente de Secretaría. Podedes acceder tamén directamente dende este enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/calendario-escolar-2011-2012

Nº premiado no sorteo dun netBook

As tres últimas cifras do nº premiado  no sorteo da ONCE do venres 24 de xuño de 2011 foron 927.


O Posuidor do recibo con ese nº será o agraciado co netBook, que se sorteaba para financiar os actos de Fin de Primaria.

Excursión fin Primaria

Tedes dispoñible a montaxe das fotos da excursión neste enlace Actividades

Libros de texto 2011-12

Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2011-12

Distribuir contido