O Concello de Betanzos pon en marcha o Campamento de Nadal "Betanzos Concilia".
O prazo de inscrición comeza este venres 3, e finaliza o luns 13 (ambos incluidos).
As bases do campamento e demais información relevante estará operativa a partir do venres 3, na web municipal e na sede electrónica.
Para realizar as solicitudes de inscrición, o mecanismo é facelo a través da sede electrónica https://sede.betanzos.gal/
As persoas que acrediten que non contan cos medios técnicos necesarios, poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais no teléfono 981.77.07.07.
Pode acceder a toda a información no seguinte enlace: