ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

A partir de hoxe, ás 18:00 horas, no taboleiro do colexio, estarán expostas as copias das actas do escrutinio das votacións para a elección dos representantes no Consello Escolar, dos distintos sectores da comunidade educativa do centro.

ROUPA EXTRAVIADA

Antes de mandar a roupa á Cruz Vermella, facemos unha última tentativa e enviamos fotos da roupa extraviada no centro durante o mes de outubro, o alumnado non conseguiu recoñecela. Recordamos que sería convinte poñerlle o nome e o curso nas etiquetas para poder devolverlla ao seu dono/a. Se recoñecen algunha prenda poden pasar pola Secretaría do centro ou decirlle ao seu fillo/a que nola pida.

VALES DE MATERIAL

Recordamos ás persoas que lles concederon o vale de material da primeira axuda teñen que vir pola Secretaría do centro (non fai falta cita previa) a buscar o novo vale de material de 25 euros concedido pola Xunta de Galicia e que se debe gastar preferentemente antes do mes de decembro. Terá que recollelo a persoa solicitante ou persoa debidamente autorizada por ela por escrito.

 

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Betanzos, xunto cos concellos de Paderne e Oza-Cesuras, ven de poñer en marcha o servizo de atención temperá, o que permitirá que a veciñanza non  teña que desprazarse á unidade de referencia que lles correspondía ata o de agora, ubicada no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera de A Coruña.

A atención temperá é un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Pode acceder á información completa PREMENDO NA IMAXE.

MAGOSTO

Finde-Celebración del Magosto y Samaín en la zona norte – Galicia Ártabra  Digital

Magosto popular

Sábado, 12 de novembro, ás 17:00  no matadoiro municipal de Betanzos

Organizada polo Concello de Betanzos.

Cal é o obxectivo?

O obxectivo principal dun magosto  popular é celebrar a colleita da castañas como é tradición en centos de vilas de  Galicia onde os veciños se reunen para asar castañas.

Que actividades se realizarán?

Xogos populares, obradoiros, e todas as relacionadas co magosto

Un equipo de monitores e monitoras asistirán aos nenos e ás nenas no desenvolvemento de todas as actividades.

Quen pode participar?

É unha actividade festiva gratuíta dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.


Para participar é necesario apuntarse no seguinte formulario:

https://forms.gle/o8joDBCGTzQS9f2x9

 

 

GRUPO DE NAIS E PAIS POLA SAÚDE

O martes 29 de novembro comeza, un ano máis, a actividade “Grupo de nais e pais pola saúde” dentro do programa de prevención no ámbito familiar “Máis que un teito” do curso 2022-2023 .

Esta actividade gratuíta se leva a cabo pola a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos, en colaboración coa Consellería de Sanidade, dende o ano 2002 sendo esta a 21.º edición.

Pode acceder á información completa, PREMENDO NA IMAXE.

 

 

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

Conoce todo el material escolar: lista completa - Benioffi

Na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar establécese que as persoas que foron beneficiarias do vale para adquirir material escolar recibirán un vale adicional de 25€.

O luns xeraremos os vales e a partir do martes, día 18-10-2022, AS PERSOAS SOLICITANTES DA PRIMEIRA AXUDA ou AS AUTORIZADAS DEBIDAMENTE poden pasar pola Secretaría do colexio para recollelos.

VENDIMA INFANTIL

La escasez de lluvia condiciona la vendimia 2021

O sábado, 15 de outubro, ás 16:30,  no Paseo da Tolerancia, o Concello de Betanzos e a adega Pagos de Brigante en colaboración coa Reserva da Biosfera As Mariñas, Colexio Vales Villamarín e o Colexio A Nosa Señora da Carmen (Atocha) organiza unha actividade festiva gratuíta dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos co obxectivo principal de divulgar a cultura vitivinícola entre as novas xeracións de betanceiros e mariñáns e recuperar os costumes e tradicións de vendima e de elaboración do viño tan vinculadas á historia de Betanzos e a súa comarca.

Permitirá aos nenos e ás nenas recibir as caixas cos acios de uvas, medir o contido de azucre da vendima, despalillar os acios (eliminar os rabos), pisar as uvas, prensalas nunha prensa tradicional e finalmente degustar o mosto. Non faltará un bocadillo de merenda para repor forzas.

 

Para participar é necesario apuntarse no formulario que acompaña á información completa PREMENDO NA IMAXE ou NO SEGUINTE ENLACE:

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfaXlG2wYv8ksOCuwTsA3KnoWeFGsDRvnP0AueKteMLDIjQUw/viewform

 

 

INFORMACIÓN EDIXGAL

EVA Edixgal

Para ver a información EDIXGAL, prema na imaxe.

Distribuir contido