HOCKEY SOBRE PATÍNS

O hockey a patíns é unha modalidade deportiva entre 2 equipos de 5 xogadores (4 na pista e 1 porteiro) nun campo pechado. Os xogadores usan patíns de 4 rodas e controlan a pelota cun stick de madeira de forma curva.

 

 

   

 

 

 

 

É unha modalidade moi practicada en países europeos como España, Italia e Portugal ou en países americanos como Arxentina, Brasil ou Chile.

A continuación recollemos dous vídeos relacionados co hockey sobre patíns.

Vídeo 1: "Escolas Deportivas do Hockey Club Liceo". O Hockey Club Liceo é un equipo coruñés que milita na OK LIGA española e que ten no seu palmarés grandes éxitos deportivos (varios títulos de Liga e Copa de España e a Copa de Europa).

 

 

 

Vídeo 2: "Partido de hockey". Resumo da Final do Campionato Mundial de Hockey a Patíns do ano 2009 entre España e Arxentina disputado na cidade de Vigo, no que España acadou o seu treceiro título do Mundo ao derrota a Arxentina por 3 a 1 na gran final.