CONCERTOS NO VALES

Estas semanas tivemos a sorte de poder gozar con varios concertos para a rapazada de infantil e de primaria. Por unha banda, o Concello organizou un concerto co músico Pablo Díaz, onde nenos e nenas de infantil, 1º e 2º de Primaria cantaron e bailaron ao son das súas cancións. Pola outra, nenos e nenas do Conservatorio Municipal do Concello interpretaron, xunto cos seus profes, algunhas cancións para o público de 2º de Primaria.