Fondo Solidario Libros 5º de Educación Primaria

                                                                                                                         

Todo o alumnado que vai para 5º de Educación Primaria no curso 2015/2016, disporá (se así o desexa), en calidade de préstamo, de libros de texto facilitados polo colexio.

En consecuencia, ningún alumno/ade 5º de Educación Primaria ten que mercar libros de texto, salvo o Activity Book de inglés  "ROOFTOPS 5 ACTIVITY BOOK" (Editorial Oxford 2014) ISBN: 978-0-19-450368-6.

IMPORTANTE: O alumnado beneficiario destes libros de texto está obrigado a usalos correctamente e a conservalos en bo estado, así mesmo, deberá devolvelos ao fondo solidario ao rematar o curso 2015/2016. No suposto de traslado de centro durante o curso, deberá devolver os libros recibidos.