Os nenos aproban catro mocións no Pleno de Betanzos

O primeiro pleno escolar de Betanzos

 

 

O Concello de Betanzos celebrou o xoves 20 de novembro o seu primeiro pleno escolar, presidido pola alcaldesa da vila.

Alumnos de sexto de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín acudiron á sala capitular para coñecer, de primeira man, o funcionamento das sesións plenarias da corporación local.

Os representantes de cada colexio dividíronse en catro grupos políticos e presentaron diferentes mocións. Aprobaron entre outras, o inicio das xestións para a construcción dun novo centro de Primaria.

Tamén aprobaron a elaboración dun Plan para eliminar as barreiras arquitectónicas de Betanzos.

A construcción dun Auditorio foi rexeitada, pola contra aprobaron a construcción dun centro de ocio para nenos de idades comprendidas entre os 10 e 12 anos.