Actividades, ANPA, Comedor

Información do servizo

 

 

Estimados pais e nais:

Como sabedes, a ANPA do centro, en colaboración co Concello de Bueu, seguirá xestionando o funcionamento do comedor e do plan madruga no colexio, servizos que pensamos son básicos para permitir a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais.

As actividades e servizos ofertados teñen bonificación para os socios da ANPA, os restantes usuarios deben abonar o custo por gastos de xestión.

Para facerte socio da ANPA tes que pagar unha cuota anual de 15€ en forma de pagamento único para todo o curso e por unidade familiar, independentemente do número de fillos/as que teñades no centro.

Con esta cuota terás ademais dereito á reducción nas mensualidades das cuotas das activiades extraescolares. O ingreso farase na conta que a ANPA ten en BANCO SANTANDER, indicando claramente o nome e apelidos do alumno/a.

CONTA Nº: ES40 0238-8278-96-0602657524

 

Vos recordamos os custes:

PLAN MADRUGA: de 7:45 h.  a 9:30 h.

 

FIXOS E FIXOS DISCONTINUOSEstablécese un PAGAMENTO FIXO MENSUAL, independentemente da hora de chegada ao centro dos nenos/as

ESPORÁDICOS

Establécese unha cuota única, independentemente do horario.

5 días á semana: 25 € (Socios ANPA)

4 días á semana: 20 €(Socios ANPA)

3 días á semana: 15 €(Socios ANPA)

2 días á semana: 10€(Socios ANPA)

1 día á semana: 5€(Socios ANPA)

 

Todos os prezos refírense á cantidade mensual, por exemplo, a cuota 5 días a semana cubriría tódolos días do mes por 25 euros.

Os non socios verán incrementada calquera das cuotas mensuais en 10€

 

DÍA     2 € socios da ANPA.

DÍA     4€ non socios.

Os pagamentos cargaranse no nº de conta facilitada na ficha entregada ao catering

O cobro farase no momento de deixar o neno/a.

 

ALMORZO

O custo do almorzo fíxase en 0.50€ para os Socios da ANPA e 1.00€ para os Non Socios.

Os gastos do almorzo achegaranse ao final de mes con recibos persoais que se aboarán á monitora.

Os usuarios esporádicos aboarán o custo o memos día.

COMEDOR: DE 14:30h.  A 16:00h.

Para comunicar unha alta ou unha baixa (que un neno/a vaia comer ou vaia deixar de facelo) debe avisarse con 24 horas de antelación, é dicir antes das 14:00 h do día anterior, chamando ao teléfono de "Arelas" 986 408 151. É tamén necesario, avisar aos profesores do centro para organizar a recollida dos nenos polas coidadoras, o teléfono do colexio é 886 151 111.

Cando se padeza algunha alerxia de tipo alimentario achegarase un certificado médico que a especifique.

O prezo do servizo é de 3.50€ para os socios da ANPA, e 8.20€ para os non socios. As formas de pago son:

  • Os fixos ou fixos discontinuos: O día 5 do mes seguinte ó do uso do servizo de comedor, domiciliarase o recibo na conta indicada no impreso de inscrición. Se o recibo fose devolto polo banco, a familia terá que facer efectiva a cantidade resultante da suma do recibo devolto máis os gastos de devolución.
  • Os comensais esporádicos: O abono poderá ser na conta indicada no impreso ou abonalo inmediatamente co servizo.

 

Un saúdo.

A directiva da ANPA do CEIP da Torre-Cela.

Cela 12 de setembro de 2019

COMEDOR

 

 

Buenos días,

Por diversos motivos nos hemos visto obligados a modificar el 1er. plato de mañana martes y en lugar de garbanzos estofados os enviaremos judias con jamón y tomate.

Pediros disculpas por las molestias que os puediésemos ocasionar.

 

Un saludo

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet