Actividades

CONTACONTOS

Hoxe tivemos na Biblioteca sesión de contacontos co debuxante Luis Davila e María Acuña. Utilizando as novas tecnoloxías crearon uns personaxes animados moi divertidos.

Álbum: CURSO 2016-17 -> Contacontos (25/04/17)

TEMOS VISITA... ABRAHAM CARREIRO!!!

Que ilusión!!! Abraham Carreiro veu visitarnos ó cole!!!


SE EU GOBERNARA O MUNDO....

Dende a Biblioteca propoñemos esta actividade para celebrar a semana da Paz. Que farías ti para mellorar o mundo? Cada neno tivo que darlle cor ó mundo e terminar libremente unha frase que comezaba así: "Se eu gobernara o mundo..." 

Houbo moita variedade, aquí vos deixamos algúns exemplos:

China e Europa... en que se parecen?

Un grupo de nenos de Pekín cóntannos as diferencias e as similitudes entre a cultura de China e a de Europa.

EUROPA

Os maiores do cole, os alumnos e alumnas do 3º ciclo, son xa uns expertos no noso continente: Europa. 

Polo de agora dominan o mapa político, as bandeiras dos países e investigaron datos como a superficie que ocupa o continente e o seu número de habitantes:

 

AMÉRICA

Os máis pequenos do cole están a traballar o continente americano. Cada clase escolleu un animal típico dunha zona como distintivo do seu grupo. Así, os de 3 anos son os "Osos", animal abundante en Canadá. Os de 4 anos son as "Llamas", animal típico do Perú e os nenos e nenas de 5 anos son as "Águias", ave común en América do Norte.

Xa saben un montón de curiosidades acerca deste continente!!

MAPAMUNDI COLECTIVO

Cada ciclo encargouse de colorear un continente e as súas correspodentes bandeiras. O resultado é un Mapamundi xigante que colocamos no taboleiro da Biblioteca. Pegamos tamén as bandeiras de cada país arredor do mapa, a modo de greca, e colocamos un numeriño para identificar cada unha de elas.

 

 

A VOLTA Ó MUNDO EN 80 LIBROS

Os libros son un fantástico medio de transporte para viaxar a outros lugares do mundo. Aínda que non podemos visitar todos os países e coñecer todos os continentes podemos investigar, ler e mirar nos libros. Grazas a eles aprendemos moitísimas cousas!!! Na nosa Biblioteca temos seleccionados 80 títulos relacionados cos distintos continentes, colocados nun expositor á vista e alcance de todos. Partindo destes libros realizaremos as actividades de dinamización e animación lectora do noso proxecto: Unha Biblioteca... un mundo!

 

CASAS DO MUNDO

Mans á obra! Investigamos sobre as vivendas típicas dos diferentes continentes. Aquí tedes algúns dos traballos.

 

As casas típicas de América do Norte:

 


O palafito peruano:

 

Powered by Drupal - Design by artinet