CELA

O C.E.I.P. da Torre - Cela está situado na parroquia de Santa María de Cela, no concello de Bueu (Pontevedra).

Esta parroquia ten uns 1700 habitantes repartidos nos lugares de poboación de Antepazo, Beloso, Burgo, Cabreira, Igresario, Murráns, Castiñáns, Paradela, Pena, Pousada, Río, Sabarigo, Santo e Torre.

 

O término está situado nunha zona marítima a 4 Km. da capital do municipio, Bueu. Os seus principais accidentes xeográficos son as puntas de Cabezón, Corveiro e Lapamán, así como as praias de Agrelo, Lapamán e Portomaior.

Comunícase pola estrada C-550 de Pontevedra a Vilaboa, que discorre ao longo da península do Morrazo.

Powered by Drupal - Design by artinet