Skip to Content

Curso 2011 - 2012

Durante este curso 2011-12, leváronse a cabo no noso Centro os seguintes obradoiros, contacontos e charlas:


OUTUBRO

Contacontos "Contos de medo

Para todo o alumnado, levado a cabo por profesorado do Equipo da Biblioteca.

 

NOVEMBRO

Obradoiro "O bosque encantado" (programa de educación emocional para a prevención de comportamentos de risco),

para alumnos/as de 1º e 2º ciclo de E. Primaria.

Impartido por monitoras da AECC (Asociación Española contra o Cancro).

 

Obradoiro "Alimentación saudable e prevención de trastornos alimenticios", para nenos/as do 3º ciclo de E. Primaria.

Coa colaboración da AECC.

 

Obradoiros da Non Violencia, coa colaboración do Concello de Bueu.

"O libro dos porcos", para alumnos/as de 1º, 2º e 3º de E. Primaria.

"Os oficios", para alumnado de 4º e 5º de E. Primaria.

"Corresponsabilidade", para nenos/as de 6º curso de E. Primaria.

 

DECEMBRO

Charla-Obradoiro "Coñecemos Arxentina", dentro do programa de multiculturalidade

que estamos levando a cabo no noso Centro.

Impartido pola profesora arxentina Mª Carmen Rodríguez Carracedo.

 

XANEIRO

Obradoiro "Prevención de incendios". Para todo o alumnado. Impartido por membros do SEPRONA.  

 

FEBREIRO

Obradoiro "Ilustración". Por Abraham Carreiro, para todo o alumnado.

 

        

 

Obradoiro "Aforro de enerxía". Impartido por persoal de Gas Natural Fenosa, para alumnos/as de 3º ciclo de E. Primaria.

 

Obradoiro "Acoso Escolar". Coa colaboración de membros da Garda Civil (dentro do Plan Director). Para alumnos/as de

Infantil 5 anos e todos os cursos de Primaria.

 

Obradoiro "Xoguetes". Para todo o alumnado. Impartido por monitoras da Escola Galega de Consumo.

 

Charla - Coloquio "Compras seguras en Internet". Para pais e nais, coa colaboración da Escola Galega de Consumo.

 

MARZO

Charla - Obradoiro "Coñecemos Polonia", dentro do programa de multiculturalidade

que estamos levando a cabo no colexio.

Impartido por Viktoria Grygierzec, de Cracovia.

Contacontos. Coa colaboración da Editorial ANAYA. Para alumnos/as de Infantil 5 anos e 1º ciclo de Primaria.

Charla-Coloquio "Coidemos as nosas mascotas", dentro do programa "Os animais, os nosos amigos". Impartida pola veterinaria Mª Jesús García Couso.

 

ABRIL

Visita de directivos da Sociedade Protectora de Animais do Morrazo, para seguir co programa "Os animais, os nosos amigos".

 

Charla-Coloquio  "Bandas xuvenís", para o 3º ciclo de Educación Primaria. Impartida por persoal da Garda Civil, dentro do "Plan Director". 



page | by Dr. Radut