Teléfono: 886 15 11 11 Fax: 886 15 11 12

MATRÍCULA 2020/2021

Aberto o prazo de matrícula do 1 ao 10 de Xullo en horario de mañá de 10:00h a 14:00h

Documentación:

  • Solicitude de matrícula
  • 2 fotografías tamaño carnet
  • Certificado médico do neno/a (se non é posible, libro de vacinacións)
  • Tarxeta da seguridade social ou seguro médico

LISTAXE DEFINITIVO DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/2021

Está publicada a listaxe definitiva no taboleiro interior do centro. Poden consultar tamén o estado da súa solicitude a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave365 ou certificado dixital.

Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión para o curso académico 2020/2021, non podemos publicar listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2020/2021

 DOG 19 DE MAIO DE 2020

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

Para alumnos/as que cursen 1º ou 2º de primaria no curso 2020/2021

A contía da axuda para adquirir libros de texto será a seguinte:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € = 210 €

  • Renda per cápita dende 6.000 € ata 10.000 € = 140

Estes libros non teñen compromiso de devolución por non ser reutilizables.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Os alumnos/as que cursen 5º e 6º de primaria no curso 2020/2021 por estar incluidos no "Proxecto de Educación Dixital" (E-DIXGAL), están excluidos da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, poderán solicitar axuda para adquirir material escolar.

 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Para todos os alumnos/as de primaria

As familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € terán dereito a un vale de 50 € para adquisición

de material escolar.

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

Presentarase no centro que están admitidos, unha única solicitude para todos os fillos especificando o nivel

de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2020/21.(Se se fai por vía electrónica será necesaria

a presentación dunha solicitude por cada alumno/a)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía eléctronica no formulario normalizado dispoñible:

 

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes.

 

DOCUMENTACIÓN

 

  • Solicitude modelo ED330B
  • Fotocopia do libro de familia na que figuren todos os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, xentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Outra documentacion (en caso de ser necesaria):

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade

-No caso de situación de violencia de xénero, documentación acreditativa

-Resolución xudicial de incapacitación

-Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de

menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia

-Certificado de convivencia no caso de que o pai, nai ou titor carezan de DNI

 

En todo caso, os documentos deberán reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2018

 

PRAZOS

Presentación de solicitudes ata o 19 de xuño incluído.

Emendas de deficiencias nas solicitudes ata o 6 de xullo.

Publicación de listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto: antes do 10 de xullo

Publicación de listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto: antes do 20 de xullo

 

Os alumnos de sexto teñen que presentar a solicitude no IES que estean admitidos

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet