ADMISIÓN 2020/2021: Publicación listaxes definitivas

Hoxe mércores 17 de xuño, fanse públicas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2020-2021 no CEIP de Tabeaio.

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, este curso NON podemos publicar as listaxes na web do centro por mor da Lei de protección de datos.

Podedes consultalas:

PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio, as tedes no taboleiro, al lado da aula de Primaria. Sempre haberá alguén entre as 10:30h e as a 13:30h.

Para qué se puede usar Chave365? - Xunta de Galicia

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

Publícase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021.

Para acceder á mesma, prema na imaxe.

Conjunto de libros y escaleras. Foto gratis

ACTIVIDADES 1º e 2º DE PRIMARIA DO 15 AO 19 DE XUÑO

Ola familias!! Derradeira semana de traballo. Aquí tedes a proposta de tarefas, xa moi mermada en contidos e actividades. Tamén é preciso que os nenos vaian facendo a súa 'desescalada'. 

Moito ánimo! Apertas! Felices vacacións! Vémonos na escola!

ACTIVIDADES INGLÉS EDUCACIÓN PRIMARIA

Ola familias! Tedes no adxunto as instruccións e actividades para o traballo na área de Inglés en Educación Primaria para esta semana. Apertas!

ACTIVIDADES INFANTIL DO 15 AO 19 DE XUÑO

Última semana de curso e chegan as vacacións. Pero nós vamos adiantar as nosas e viaxamos a.... ÁFRICA!!!!

Recordade que me tedes dispoñible a través do teléfono e do correo electrónico (yessica_rodriguez2013@edu.xunta.gal). Agardo que vos divirtades e espero ver pronto os vosos traballos. Moito ánimo!

ADMISIÓN 2020/2021: Publicación de listaxes provisionais

Dende hoxe venres 5 de xuño, podedes consultar as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2020-2021.

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, este curso NON podemos publicar as listaxes na web do centro por mor da Lei de protección de datos.

Podedes consultalas:

PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio, as tedes no taboleiro, al lado da aula de Primaria. Sempre haberá alguén entre as 10:30h e as a 13:30h.

TELEMÁTICAMENTE: A través da aplicación admisionalumnado empregando Chave365 ou certificado dixital.

ACTIVIDADES 1º e 2º DE PRIMARIA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola familias! Penúltima semana de traballo. Aquí tedes a proposta de tarefas para os nenos. Moito ánimo! Apertas! 

ACTIVIDADES INGLÉS EDUCACIÓN PRIMARIA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola familias! Tedes no adxunto as instruccións e actividades para o traballo na área de Inglés en Educación Primaria para esta semana. Apertas!

ACTIVIDADES INFANTIL DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola familias! Estamos a rematar o curso, por iso as misións desta semana son máis curtas pero espero que igual de divertidas. Animádevos a facelas e mandarnos o resultado!

Recordade que me tedes dispoñible a través do teléfono e do correo electrónico (yessica_rodriguez2013@edu.xunta.es). Agardo que vos divirtades e espero ver pronto os vosos traballos. Moito ánimo!

Recollida ou entrega de material: martes 9 e mércores 10 de xuño

O vindeiro martes 9 de xuño e mércores 10 de xuño de 10h a 13:30h as familias interesadas poderedes acudir ao centro educativo a recoller material das aulas: traballos rematados, mandilóns, mudas, mochilas... ou entrega de libros da biblioteca que tiverades en préstamo antes do confinamento.

Para acceder ao centro é recomendable, segundo as directrices que marca a Consellería de Educación, facelo de xeito individual, con máscara e mantendo a distancia social de 2 metros co resto das persoas. 

Distribuir contido