Magosto

IMOS DE MAGOSTO.

O vindeiro venres, día 27 de outubro, celebraremos o magosto.

Iremos camiñando todos os cursos de E.Primaria ata o merendeiro de Pinzás, onde faremos as castañas. Educación Infantil fará parte do traxecto en autobús e outra parte irán camiñando co resto do grupo.

Imos levar tod@s calzado e roupa cómoda para camiñar. Tamén unha pequena merenda para media mañá e unha botelliña de auga.( IMPORTANTE: A MOCHILA PEQUENA).

Solicitamos dos que poidades, que nos traiades ao cole piñas, carozos e leña para poder facer as fogueiras.

Cada neno/a deberá traer unhas poucas castañas.

O horario será o habitual, habendo comedor e servicio de autobús igual que tódolos días.

 

Nota: En caso de que chova aprazarase.

Distribuir contido