No mes de marzo fixemos un xardín de plantas aromáticas e medicinais no noso centro. Participamos todos. Cada grupo de alumnos traballou na clase sobre os beneficios para a nosa saúde de cada herba medicinal e logo se realizaron quendas para plantalas no xardín. Posteriormente, colocáronse os carteis cos nomes destas herbas que podemos atopar na nosa contorna.
O LUNS 17 DE MARZO DE 2014 FIXEMOS UNHA XORNADA DEPORTIVA E DE CONVIVENCIA COS/COAS COMPAS DE VINCIOS.
XOGAMOS AO BALONCESTO, A ROUBAR MELÓNS,A BADMINTON,A TENIS DE MASA, FIXEMOS SALTOS, RUGBY-RABO, COMBA, BRILÉ E PARA FINALIZAR UN CROSS.
O MELLOR DE TODO, QUE O PASAMOS MOI BEN E FIXEMOS NOVOS/AS AMIGOS.
AQUÍ TENDES ALGUNHAS FOTOS DA XORNADA: