Skip to Content

Proxecto: O corpo humano e a saúde

O CORPO HUMANO E A SAÚDE

 

O CEIP Souto-Donas ven de inaugurar o seu proxecto pedagóxico deste curso 2013-14, titulado: "O corpo humano e a saúde". Un proxecto co que se marcan básicamente 3 obxectivos:

 

  1. Adrentarse no coñecemento da estructura e funcionamento do organismo.

  2. Desenrolar unha serie de hábitos saudables, tanto de alimentación como de coidado do corpo.

  3. Relacionar o estudo do corpo con outras áreas, como por exemplo a Lingua ( aprendendo vocabulario relacionado co tema). Tamén co mundo do arte, onde o alumnado traballou na reprodución de obras de pintores galegos relacionadas coa figura humana e que tamén forman parte da exposición.

 

 

Mentres se traballa en conxunto na ambientación, cada ciclo traballa os seus contidos e crea un centro de información (panel), que está acompañado de material ilustrativo. Así atopamos 5 paneis diferentes:

1.- O Aparello Locomotor. Exercicio físico e saúde

2.- O aparello dixestivo e excretor. Influencia da figura humana no mundo do arte.

3.- O Sistema Nervioso. A hixiene

4.- O Sistema Respiratorio e o Circulatorio. Enfermidades relacionadas.

5.- Primeiros auxilios.

 

No proxecto participa a Comunidade Educativa e convídamos a persoas que nos podan aportar información ou experiencias enriquecedoras.

 

O día da inauguración son os alumnos/as de 6º curso de E.Primaria os encargados de explicar a tódolos convidados a inauguración o contido de cada un dos paneis.

 

Ademáis faixe unha exposición de fotos que amosan como o tempo vai cambiando os nosos corpos, neste caso os protagonistas son os alumnos de 6º e os profes. Tamén se fixo unha reprodución a tamaño real, do home máis alto e do máis baixo do mundo.

Aquí tendes algunhas fotos do día da inauguración:

 

 

EFECTOS VISUAIS

ÁS VECES  A  VISTA  ENGANA, A QUE SI ?

 

CLICA NA IMAXE PARA VER ESTES EFECTOS.

 

APRENDEMOS E XOGAMOS

  

HERBARIO DE PLANTAS AROMÁTICAS E MEDICINAIS

 
Na nosa contorna podemos atopar un inmenso número de herbas medicinais. Aquí vos deixamos unha pequena mostra con algunhas das variedades máis representativas, así como das súas propiedades,  realizada polo alumnado de sexto.
 
 

RECURSOS PARA TRABALLAR SOBRE O CORPO HUMANO

RECURSOS  PARA TRABALLAR SOBRE O CORPO HUMANO

 

 

* Xogos en línea

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipraquelcamacho/node/234

http://competenciasdixitais.wordpress.com/tag/educacion-fisica/

 

 

*hixiene PERSOAL,  ÓSOS E MÚSCULOS,  MÚSCULOS DO CORPO,  bailes rítmicos,  hábitos alimentarioS,  ALIMENTACIÓN E ACTIVIDADE FÍSICA,  COMO FUNCIONA O CORAZÓN…

 

 

 

 

http://proxectomaese.blogspot.com.es/

 

 

 

*O CORPO HUMANO (  CEIP FRIÁN):

 

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/node/1092

 

 

 

*APARATOS E ÓRGANOS

 

http://www.blogoteca.com/orincondoneno/index.php?cod=106430

http://www.blogoteca.com/orincondoneno/index.php?cod=106126

 

 

*OS SENTIDOS

 

http://www.blogoteca.com/orincondoneno/index.php?cod=106263

 

 

 

*ALIMENTACIÓN

 

http://www.blogoteca.com/orincondoneno/index.php?cod=106127http://www.blogoteca.com/orincondoneno/index.php?cod=106258

8

 

 

*VEDOQUE E OS ALIMENTOS

 

http://www.vedoque.com/juegos/los-alimentos.swf

 

 

 

*APARATO DIXESTIVO: XOGOS , VÍDEOS , EXPLICACIÓNS…

 

http://luisamariaarias.wordpress.com/cono/tema-2-a-nutricion-no-ser-humano/el-aparato-digestivo/

http://luisamariaarias.wordpress.com/cono/tema-2-a-nutricion-no-ser-humano/el-aparato-digestivo/

 

 

 

* XOGOS SOBRE O CORPO HUMANO

 

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?pgseed=1166732940408&idContent=8333&locale=es_ES&textOnly=false

 

 

 

*LIMS EN GALEGO:

 

 

http://equipoticsfelipedecastro.blogspot.com.es/p/proxecto-o-corpo-humano.html

PROXECTO O CORPO HUMANO

1. O CORPO HUMANO (JClic / Primaria) 
2. OS MÚSCULOS (JClic Primaria)
3. O NOSO CORPO (LIM / Infantil e 1º ciclo primaria)

 

 

 

 

*FOTOS ORIXINAIS DE NENOS  SINALANDO AS DIFERENTES PARTESDO CORPO ( EN GALEGO):

 

http://gl.wikibooks.org/wiki/O_corpo_humano

 

 

 

*primeiros auxilios

 

 

http://www.cruzroja.es/cre/2006_7_FR/matcurfad/juegoppaa/index.html

 

 

 

*BAILES RÍTMICOS

 

*ELMO BAILA : Elmo baila serve para animar os máis pequenos a bailar. Só é necesario moverse como o fai el. Cambiando os diferentes movementos de extremidades superiores - inferiores e cabeza, obtemos un montón de combinacións do máis divertidas.
 http://www.zonajuego.com/jugar.php?id=262

 

*O BAILE DAS VACAS LOBOTÓMICAS

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=7g1hGUNJGAg#t=29

 

     

 

 

 

 

 

A FIGURA HUMANA NOS PINTORES GALEGOS

 
Tomando como punto de referencia o proxecto de centro sobre o corpo humano e a saúde, o alumnado de 6º realizou na aula de informática unha presentación sobre a visión da figura humana feita polos pinceis dalgúns dos pintores galegos máis coñecidos.
 
 

A FIGURA HUMANA NA PINTURA GALEGA

Outra das actividades que se desenvolveu grazas a todo o profesorado e alumnado do centro foi a de

"A FIGURA HUMANA E OS PINTORES GALEGOS".

En cada aula traballouse unha das obras dun artista plástico galego (Maruja Mallo, Álvaro Caruncho, Seoane, Maside,...) onde aparecese representada a figura humana.

Logo, cada neno fixo a súa interpretación.

Todos os debuxos e pinturas do alumnado están expostos nas paredes dos corredores do colexio.

 

 

"ASÍ ERAMOS, ASÍ SOMOS ..."

Neste curso escolar 2013-14 botamos a andar un novo proxecto de centro: "O CORPO HUMANO E A SAÚDE".

Dende o EDLG xurdíu a idea de que o punto de partida fose unha actividade capaz de captar a atención do noso alumnado. É así como se materializou "ASÍ ERAMOS, ASÍ SOMOS...", un espazo á entrada do colexio onde se expoñen fotos de infancia do profesorado e máis fotos actuais, así como fotos do alumnado de 6º á idade de 3-4 anos, cando comezaron a E. Infantil, e a súa imaxe de hoxe en día.

O obxectivo desta actividade é que os nenos e nenas se percaten e sexan conscientes dos cambios físicos que se producen no noso corpo co paso do tempo.

 

 

O CORPO HUMANO E A SAÚDE : RECURSOS EN INTERNET

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut