O mércores, día 04 de decembro, celebrouse en Baiona un cross escolar en horario lectivo para os cursos de 2º, 3, 4º e 5º de E.Primaria.
Foi unha xornada deportiva, saudable e amistosa xa que nos atopamos con moitos amigos que estudan noutros centros.
Aquí tedes algunha fotos da xornada:
Durente este trimestre, en todos os cursos de Primaria, traballaremos en grupos nos que teremos que por en marcha a imaxinación e o chegar a acordos, xa que o profe nos dará un material e nós teremos que inventarnos algún exercicio ou xogo utilizando ese material.
Aquí van algúns exemplos:
Aproveitando o proxecto deste curso, usaremos os envases das botellas de plástico e as pelotas de tenis para inventarnos algo ao que se poda xogar.
Con scooters e unha pelota xigante. Creo que se nos poden ocurrir moitas cousas.
Con este material debemos argallar un circuito para traballar distintas habilidades.
Profe, esto está chupado.
Aquí temos: pivotes, unha goma e zancos. Pois a pensar!
Bueno, xa podemos ver dúas fotos dos compas de 1º que argallaron dous xogos divertidos co material que o profe lles dera.
Trataremos de investigar sobre algunhas cuestións como:
-
Neste mes de outubro, recibimos a visita de Juán Antonio Freitas. Adestrador e fundador do clube de tenis Gondomar. Él no desenrolo dunha sesión, fíxonos exercicios elementais relacionados con este precioso deporte. Básicamente practicamos o golpe de dereita e de revés.
Noraboa a o noso alumnado que participou no cross escolar celebrado en Baiona o domingo, 13 de xaneiro. Nunha mañá soleada e fría os nosos chicos e chicas alí estiveron facendo deporte e convivindo co alumnado de outros centros da contorna.
Tedes a clasificación xeral nun arquivo adxunto.