Skip to Content

Selección de actividades

O TEMPO EN MAIO

Aquí temos de novo a información meteorolóxica do tempo. Desta volta traémosvos o tempo do pasado mes de maio. Xuntamos tamén a nosa análise e avaliación da información

 

Un saúdo para todas e todos e como acostumamos a dicir...

"QUE O BO TEMPO VOS ACOMPAÑE"

 

 


*Datos obtidos da recollida diaria que fixeron as alumnas e alumnos de terceiro de primaria. Empregaron os seus termómetros e pluviómetros elaborados por elas e eles.

Da análise e avaliación de datos obtivemos as seguintes conclusións:

 

  1. O mes de maio deste ano 2020 foi un mes ben caloroso. Máis ben seco. A primeira metade choveu, especialmente os dous primeiros días e a segunda metade non choveu nada e aumentaon as temperaturas.
  2. Choveu 11 días e en 20 días non se recolleron precipitacións.
  3. O día que máis choveu foi o día 1 onde os nosos pluviómetros recolleron unha media de 47 litros por metro cadrado(l/m2). Esa primeira foi a semana máis chuviosa. Recolléronse un total de 103,32 l/m2 resultando unha media diaria de pouco máis de 3 l/m2.
  4. A temperatura máxima acadada foron os 32ºC do mércores 27 e a mínima foron os 10,5ºC do voves 15. Xa que logo, a oscilación térmica ao longo do mes foi de 21,5ºC. Estes días onde se rexistraron as máximas e mínimas foron os días onde a oscilación foi maior 13ºC. Xa que logo, foi un maio especialmente caloroso sobretodo a segunda metade con máximas especialmente altas na última semana motivado pola entrada de aire do continente africano.
  5. Asemade rexistramos durante este mes a presenza dos seguintes meteoros:
  • Houbo néboa 5 días do mes.
  • dous días tivemos resío.
  • Non se rexistraron treboadas agás a última hora do día 31 na que comezou unha sucesión potente destas.

 

 

O TEMPO EN ABRIL

As alumnas e alumnos de terceiro de Primaria estamos a desenvolver un proxecto arredor do tempo na nosa contorna. Para elo tivemos que construír as nosas propias "estacións meteorolóxicas". Elaboramos uns pluviómetros caseiros e botamos man de termómetros de exterior. Localizamos un lugar axeitado para cada aparello e comezamos a tomas datos. Logo dunha posta en común e da estandarización dos datos recollidos nas nosas casas obtivemos uns resultados que rexistramos nunha táboa. Con eles elaboramos unha gráfica do tempo no mes de abril. Tamén fixemos a nosa análise e avaliación desta información.

Queremos facervos partícipes desta información polo que aquí vola amosamos.

Un saúdo para todas e todos e como acostumamos a dicir...

"QUE O BO TEMPO VOS ACOMPAÑE"

 

 

DATOS DO TEMPO

As alumnas e alumnos de terceiro quixeron continuar co rexistro de datos metorolóxicos que estaban a facer. Para elo tiveron que argallar os seus propios pluviómetros caseiros e botar man dos termómetros cos que contan na casa. Deste xeito irannos dando información de como evoluciona o tempo durante estas datas.

Polo de agora aquí tedes algúns exemplos dos pluviómetros que construiron así como do lugar que acharon acaído para ubicalos.

 

 

 

 

CAPÍTULOS 2, 3 e 4 DE A NOSA HISTORIA

 

Ola boas!

As alumnas e alumnos de terceiro vimos de rematar 3 capítulos máis de "A NOSA HISTORIA". Agardamos que gocedes dela tanto como nós elaborándoa.

 

CAPÍTULO 2

 

O TRAMPULLEIRO DE XOAN

 

Un día o verme quixo presentarme ós seus amigos.

 

_ Matilda che presento ó cabalo Xoan, a grilo Paco e tamén ó can Rufo, meu amigo peludo con quen sempre xogo ás carreiras. O que pasa é que soe gañar el… ha, ha, ha!!!

 

Entón Matilda tiven unha idea, facer unha carreira. O que gañara levaría un galardón. Comezaron a prepararse para entrenar a carreira do día seguinte e así poder gañar.

 

Algúns querían facer trampas como o cabalo Xoan, que quería por unha pedra no camiño. Púxoa, que tramposo, e tivemos que volver a empezar.

Entón Rufo e Paco acordaron que a carreira tiña que ser leal entre todos.

 

O gañador foi Paco, aínda que a Rufo lle molestou un pouco. Pero pasoulle rápido cando lle dixeron de ir almorzar.

Despois de almorzar, Boqueixón presentoume máis amigos que tiña dende pequeno: O escarabello Vermello, a serpe Nacarina, o camaleón Carillón e por último o irmán de Boqueixón, que se chama Salpicón.

 

Nisto apareceu Chicle, a bolboreta que nos dixo...

 

_ Mañá invitovos a tomar unha merendola na miña casa.

LoE aló fomos. Cando empezamos a xogar a un xogo moi pero requete moi chulo e enseguida se fixo tarde. Todos marcharon para casaMlml

O día seguinte fun cos meus pais comprar comida para Rufo. Decidín levar a Boqueixón connosco a comprar. Púxeno nunha caixiña chea de buratiños para que puidese respirar e metino no peto.

 

Boqueixón na compra estaba todo o rato a pedir cousas que si quero isto que si quero o outro… Todo o rato a pedir.  Pedía queixo, pan, chuletas e pedía xeado. Eu so lle comprei o xeado porque a min tamén me gustaba moito.

 

_De que o queres, Boqueixón?

_DE AMORODO!!!!!!!! 

Pero a min non me gustaba o xeado de amorodo, entón  decidín comprarlle un xeado de amorodo para Boqueixón, e un xeado de chocolate para min porque me gustaba moitísimo.

_Ao chegar a casa tódolos amigos de Boqueixón nos estaban esperando para ver o que lle compraramos a cada un deles.

CAPÍTULO 3

 

OS CACHORROS

 

Ó chegar a casa, collemos unha culler para repartir entre todos o xeado. Pero Paco é un lambón e comeuno todo, e os demais quedamos sen el. 

Entón Boqueixón dixo:

_ Por que non imos ver que está facendo a toupa?

E aló fomos. Ao chegar onda ela recibiunos extranado.

_ Ola!, Boqueixón ,quen é esa nena?

_ É Matilda, salboume de que me comera un paxaro. Contestou Boqueixon.

_ Eres unha nena boa, aínda que non me gustan os humanos. Por culpa deles teño a miña toupeira chea de plásticos.

Enton suxerinlle que lle axudaría a sacar os plásticos da súa toupeira e comezamos a recoller os plásticos e a toupa nolo agradeceu. 

Ó rematar o traballo pasámolo xenial xogando ó xadrez e cando nos demos conta xa era de noite.

Ó día seguinte fun a dar de comer a Rufo, e dinme conta que Rufo non estaba.

_Aaahhh!!!!! berrei.

Púxenme moi triste porque Rufo desapareceu, e  moito chorei.

_ Non  chores Matilda. Me dixo  Boqueixón _ Xa volverá

E así foi, dúas semanas máis tarde me encontrei a Rufo na porta cunhas crías de cans e a miña nai Xoana.

A  miña nai encontrou os cans na porta e quedou con eles. Había des cachorros, eran todos iguais menos un, que era  marrón e branco, os demais eran todos negros. 

CAPÍTULO 4

 

A MIÑA NOVA AMIGA A BRUXA

 

Pola mañá cando me levantei, decidín ir a pasear cos cans ó monte. Foi moi divertido pasear con eles. Cando volvía encontreime unha cova escondida tralas árbores, estaba moi, moi escuro, non sabía se entrar ou non……. Ao final decidín entrar…..

Entrar, entrei pero tiña moitísimo medo tremíanme  as pernas. Vín unha mesa con moitos botes raros con líquidos de cores. Os cans puxéronse nervosos e comezaron a correr por todas partes, eu lles dicía:

_ SHHHH!!! 

Pero eles seguían a correr. Os frascos que había na mesa caeron ao chan e esnaquizáronse todos, Cheiraba rarísimo!

Avanzamos máis e de súpeto encontramos unha feira feita de pompas, e no medio da feira estaba unha bruxa berrando:

BASTA XA DE GLOBOS DE PLÁSTICO NO SEU LUGAR USAREMOS POMPAS DE CORES!

De súpeto mira para min e me di:

_ Ola! Ti es a amiga de Boqueixón? 

_ Si, son. Por que?

_ Porque fago isto pola toupiña. Ti non sabes que os globos de plástico contaminan?

E dinme conta de que a bruxa tiña razón. 

Entón  decidín  axudarlle a facer pompas de cores. E nos divertimos moito, a bruxa resultou ser moi simpática. Decidimos facer tamén avións de papel. Foi moi divertido.

Dinme conta de que  as bruxas non son malas.

A miña nai estaba buscándome

É xa se fíxera noite pecha ...

Levei unha sorpresa para casa. Que sería, que sería? Convidei a bruxa a cear a  miña casa!!!. Cando chegamos a miña nai non estaba e fomos en busca dela.

Buscamos en todas partes pero non estaba por ningures, así que a bruxa colleu uns polviños de cor azul, tirounos ao aire e debuxaron a imaxe da miña nai. Non recoñecía aquel lugar tan extrano, vianse moitísimas árbores non se vía outra cousa, pero de súpeto a bruxa di:

_ Xa sei onde está a túa nai, pero advírtoche que ese lugar é moi, moi perigoso. Seguro que queres ir Matilda?

_ Non podo abandonar á miña nai, teño que ir por ela, pero non me atrevo a ir soa, acompáñasme?

_ Sii irei contigo.

E aló fomos. A bruxa e máis eu non encontrabamos a miña nai pois estaba todo moi escuro.

Un anaco despois a bruxa fixo un avión de papel xigante e voltamos a casa voando para coller as lanternas e iluminar ben o bosque.

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe sábado 21 de marzo conmemórase o día mundial da poesía. As alumnas e alumnos de terceiro co gallo desta celebración e baixo as circunstancias que estamos a padecer quixemos compartir as nosas creacións convosco.

Comentar que a primeira poesía que vos amosamos se relaciona directamente cunha historia que estamos elaborando de xeito paralelo.

Agardamos que sexa do voso agrado. Aproveitamos por enviarvos moitos ánimos.

 

A NOSA HISTORIA

Unha historia sen fin

aconteceu no meu xardín

Dunha pedra! Quedei tesa!

a mazá tiña sorpresa!

 

O verme me falaba 

e eu lle contestaba,

o verme Boqueixón

comía mogollón.

Cada día pola mañá

o verme a Matilda

vía bostezar.

-Mira que boca tes!

-Pois ti vaia pés!

 

O verme está aburrido

porque non facía nada divertido

Matilda tivo unha idea

para que todos se divertiran unha chea.

 

Unha gran carreira 

sería o que faría 

con grandes galardóns 

para todos os campións

 

O cabalo Xoan 

é un lacazán

O verme boqueixón

mola un montón.

Estaba dándolle de comer ó gato

e encontreime cun pato.

 

Matilda e Boqueixón

corren xuntos unha maratón

e gaña sempre Matilda

 

porque ten as pernas máis longuiñas.

 

 

Ata aquí a poesía relacionada coa nosa historia. A partir de aquí enviámosvos outras composicións que elaboramos durante este día.

 

 

Mañá na mesa,

espérame  unha sorpresa,

será… unha poesía?

será… que ven a niña tía?

 

O meu curmán Martín

non usa calcetín.

 

A miña nai ten vergoña

e chámase Begoña.

 

A miña irmá Nerea 

moito patalea.

Cando lle pasa

doulle unha uva pasa

 

Estaba debuxando un Sol

e marquei un gol.

 

Andaba co meu irmán

e pisei un can.

 

A miña avoa manola 

fíxome unha boa tartola

 

O meu irmán Daniel

viaxou  ata o Caurel

 

O meu veciño Antón 

pinchou o meu balón

 

A miña nai Iolanda 

fíxome unha boa rebanda

 

Onte vin unha bolboreta moi inquieta

en vez de voar montaba en bicicleta.

 

A NOSA HISTORIA

As alumnas e alumnos de terceiro estamos a elaborar unha historia durante estes días. Queriamos compartila con todas e todos vós por se vos serve para levar mellor estas datas. Xa sabedes que a lectura  tal e como nos dicía Xosé Neira Vilas "Te transportan a un mundo que facemos noso e no que ninguén nos poderá incomodar ou pertubar. A súa forza é vital".

Pouco a iremos actualizando a nosa composición. Agardamos que gocedes da súa lectura tanto como nós elaborándoa.

Unha aperta para todas e todos. Coidádevos moito na casa.

 

 

CAPÍTULO 1

 

A FERMOSA AMIZADE ENTRE MATILDA E O VERME

 

Hoxe síntome ben, durmín toda a noite e pola fiestra albisco unha raiola de sol. Levanteime a almorzar o meu leitiño cunhas torradas untadas en aceite.

Despois de almorzar fun ao xardín a coller unhas mazás da árbore, e de súpeto vin un pequeno verme almorzando a mazá. Nisto o verme mira para min curiosamente e me di: 

_Ola!!!

Primero asusteime  e despois con voz tímida dixen:

_Ola?

Logo mirei un paxaro, e levei a mazá a casa para protexer o verme pois quería comelo.  

Pousei a mazá na mesa da cociña, o verme saiu e mirándome fixamente díxome:

_Grazas!   

Aparece miña nai e pregunteillei se podía quedarme con el. Díxome que si pero que tiña que coidalo. Entón leveino comigo para ensinarlle a miña habitación e presentarlle as miñas bonecas. Metino nunha caixiña transparente e deille unha galleta pequena. Deixei que rematase a galleta e pregunteille como se chamaba.

_Chámome Boqueixón. E ti como te chamas?

_Eu son Matilda. Non sabía que os vermes falabades.    

_Pois si que falamos e falamos moito.

_Estás a gusto metidiño na caixiña?

_Claro que si, moitas grazas por coidarme moi ben. Pero Matilda os vermes e os bichiños temos que vivir na natureza, e eu son un verme, entón teño que vivir alí.

_Pero eu non quero que te vaias, queda connosco, hai sitio de sobra!

 

A Matilda empezoulle a rolar unha bágoa pola meixela. Entón, aínda que lle gustaría deixalo na casa, levouno ó xardín e fíxolle un burato nunha árbore.

Dende aquela o verme viviu alí e a nena leváballe comida cada día.

PODEMOS REDUCIR O CONSUMO DE AUGA NO COLE?

 

As alumnas e alumnos de terceiro achamos que si é posible.

Para elo primeiro temos que confirmar si se gasta moita auga Queremos precisar canto se gasta para así facérmonos conscientes dilo. Xa que logo puxémonos co proceso de avaliación.

Imos analizar canta auga gastamos ao abrir as billas. Precisamos do seguinte material.

  • Un recipiente de recollida de auga cunhas medidas axeitadas para recollela nos lavabos.

  • Un medidor de capacidades graduado. Neste caso empregamos a báscula que temos na aula. Está graduada en mililitros (ml.) e ollo xa estamos a REUTILIZAR materiais.

  • Un recipiente máis grande para verter a auga que imos recoller. Xa que tamén tivemos en conta a necesidade de aproveitar esa auga.

Facemos análises de todas as billas do cole: Baños da planta baixa tanto de alumna e alumnos como de mestras e mestres. Baños do primeiro andar e baños do patio.

Imos recollendo a auga e medindo as capacidades.

  • Nas billas de premer analizamos a cantidade gastada cada vez que prememos na billa. Así como os litros de auga bota por cada minuto.

  • Nas billas de tirador calculamos a cantidade de auga que botan por minuto. Para acadar os resultados tivemos que facer algúns cálculos matemáticos.

A auga extraída aproveitámola para regar as plantas, lavar as mans,... Tamén a botamos nas caldeiras para baldear o cole.

Ao final, o resultado asusta e agardemos que nos faga conscientes e nos alente a REDUCIR.

Xa que logo!

Lanzamos o noso reto!

Seremos capaces de reducir o consumo de auga no cole?

Seguindo un código de cores coñecido seguro que o faremos.

  • A billa que debemos empregar é a que ten a cor amarela. Pero ollo, sempre cómpre facer un uso responsable.

  • Cando non teñamos dispoñible a amarela acudiremos a laranxa. Facendo un uso coidadoso, premendo pouco e con coidado de non desaproveitar a auga.

  • So no caso de que sexa moi necesario (cando sexamos moitas e moitos...) acudiremos a billa co indicador vermello. Tendo moito coidado de non premer moi forte e facendo un uso responsable.

  • No caso das billas de tirador non debemos deixar que corra a auga se non a estamos empregando.

Apúntate ao reto. Apúntate a Reducir o consumo de auga.

CONCURSO DE NUBES

Para por fin a este curso, alumnas e alumnos de cuarto curso decidiron organizar un concurso de nubes. Aproveitando que o tempo nos acompañaba decidiron pór boa cara ao mal tempo e abofé que o ceo se nos descubríu como un magnífico creador. Iso acompañada coa capacidade imaxinativa destas rapazas e rapaces deunos para facer esta composición. Agardamos que vos guste.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut